Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.704

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLO DE UNIVERSIDADES

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral do Consello de Universidades, pola que se anuncia a data na que se celebrarán os sorteos para designa-los vocais que integran as comisións que xulgarán os concursos para a provisión de vacantes de corpos docentes universitarios.

Convocadas a provisión as prazas dos corpos docentes universitarios que se relacionan no anexo e dándolle cumprimento ó disposto no artigo 6 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro (BOE

do 26 de outubro), no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño (BOE do 11 de xullo) e no artigo 17, e) do Real decreto 552/1985, do 2 de abril (BOE do 27 de abril).

Esta secretaría xeral resolveu sinala-la celebración dos sorteos correspondentes ás prazas sinaladas no citado anexo, co fin de designa-los membros das comisións que deben ser elixidos por este procedemento, para o día 28 de xuño de 2000, ás 10 horas. Os sorteos realizaranse polo sistema informático aprobado pola Comisión Académica do Consello de Universidades na súa sesión do 14 de xullo de 1995, de modo secuencial, segundo a orde en que figuran relacionados no anexo citado.

Os ditos sorteos celebraranse na sede do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Para os efectos previstos no artigo 1 do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro, a partir da data da presente resolución faranse públicas as relacións dos profesores que participarán nos sorteos no Consello de Universidades.

Das citadas relacións e no momento do sorteo serán excluídos aqueles profesores que:

-Pertenzan á mesma universidade á que corresponda a praza.

-Fosen designados para formar parte da comisión titular pola universidade á que corresponda a praza.

-Sexan aspirantes e pertenzan á mesma área de coñecemento á que corresponda a praza.

As reclamacións contra as referidas relacións formularanse antes do día 23 de xuño de 2000, dirixidas á Secretaría Xeral do Consello de Universidades (Cidade Universitaria, sen número, 28040 Madrid).

Nos concursos nos que non existan profesores abondos do corpo e área de coñecemento a que corresponda a praza, aplicarase o disposto no artigo 1 do Real decreto 1427/1986, do 13 de xuño, que modifica o artigo 6.9º do Real decreto 1888/1984, do 26 de setembro.

O que lle comunico a V.I. para o seu coñecemento e efectos.

Madrid, 7 de xuño de 2000.

Vicente Ortega Castro

Secretario xeral do Consello de Universidades

Vicesecretario xeral do Consello de Universidades

ANEXO

* Concursos convocados por resolución da Universidade da Coruña do 2-3-2000 (BOE do 4 de marzo).

Concurso nº: 03.

Nº sorteo: 40.808.

Corpo: catedráticos de universidade.

Área de coñecemento: teoría da literatura.

Presidenta titular: María del Carmen Bobes Naves.

Vocal secretario titular: Francisco Darío Villanueva Prieto.

Concurso nº: 06.

Nº sorteo: 40.809.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: fundamentos da análisise económica.

Presidente titular: Juan Ramón Quintas Seoane.

Vocal secretario titular: José Méndez Naya.

Concurso nº: 07.

Nº sorteo: 40.810.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: química analítica.

Presidente titular: Darío Prada Rodríguez.

Vocal secretaria titular: Purificación López Mahía.

Concurso nº: 08.

Nº sorteo: 40.811.

Corpo: profesores titulares de universidade.

Área de coñecemento: comercialización e investigación de mercados.

Presidente titular: Laurentino Bello Acebrón.

Vocal secretario titular: Jesús María García de Madariaga Mirán.

Concurso nº: 04.

Nº sorteo: 40.812.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: didáctica da expresión corporal.

Presidente titular: Santiago Romero Granados.

Vocal secretaria titular: Herminia García Ruso.

Concurso nº: 05.

Nº sorteo: 40.813.

Corpo: catedráticos de escola universitaria.

Área de coñecemento: fundamentos da análisise económica.

Presidente titular: José Andrés Faíña Medín.

Vocal secretario titular: Ramón Ignacio Varela Santamaría.