Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.704

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a modifica-la resolución do tribunal de organización e procesos de mantemento de vehículos que xulgará o procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario na que se anuncian as datas, as horas e os lugares en que se realizará o primeiro exercicio.

Por Resolución do 12 de xuño de 2000, anúncianse as datas, as horas e os lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e tamén as datas, as horas e os lugares en que terán lugar as probas de coñecementos de lingua castelá, lingua galega e o primeiro exercicio.

Sendo necesario modifica-lo lugar de exame da primeira parte da proba do mencionado tribunal, determínase que a primeira parte da citada proba queda como se establece a continuación:

Data: 3 de xullo de 2000.

Hora: 10.

Lugar: IES Marqués de Suanzes-Avda. Ramón y Cajal, s/n, 15403 Ferrol.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Jaime García García

Director xeral de Persoal