Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Mércores, 21 de xuño de 2000 Páx. 9.699

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000, da División de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto por José Luis Ferreiroa Sánchez.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso 1/411/2000 interposto por José Luis Ferreiroa Sánchez contra a Resolución do 16 de setembro de 1999 (DOG nº 186, do 24 de setembro), pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría estatutaria de ATS/DUE relativo ás puntuacións do segundo exercicio da fase de oposición. O recorrente impugna, en concreto, a resposta considerada correcta para a segunda pregunta do citado exercicio.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e son emprazadas para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2000.

Valeriano Martínez García

Director xeral da División de Recursos Humanos