Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.626

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CENTRO INFORMÁTICO PARA A XESTIÓN TRIBUTARIA, ECONÓMICO-FINANCEIRA E CONTABLE

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2000 pola que se convocan probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo de analistas programadores do CIXTEC.

Ó amparo da disposición adicional 5ª da Lei 2/1998, pola que se crea o Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, e do artigo 7 h) do Decreto 361/1998, do 4 de decembro, polo que se aproba o Estatuto do CIXTEC, e en cumprimento da Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, o CIXTEC acorda convocar probas selectivas para o ingreso no cadro de persoal laboral fixo do CIXTEC, con suxeición ás seguintes bases da convocatoria:

1. Normas xerais:

1.1. Convócanse probas selectivas para cubrir 6 prazas de analistas programadores polo sistema de promoción interna e acceso libre, polo procedemento de oposición.

1.2. O número total de prazas reservadas ó sistema de promoción interna ascende a 3, e as reservadas ó sistema de acceso libre serán 3.

Por non alcanzarse as porcentaxes mínimas, non se reserva ningunha praza para ser cuberta por persoa con minusvalidez co grao de discapacidade igual ou superior ó 33%.

As prazas sen cubrir das reservadas ó sistema de promoción interna acumularanse ó sistema de acceso libre.

1.3. Ó presente proceso selectivo seralle aplicable a Lei 10/1996, do 5 de novembro, e o disposto nas bases da convocatoria.

2. Requisitos dos candidatos.

2.1. Para ser admitido á realización das probas selectivas os aspirantes deberán reuni-los seguintes requisitos:

2.2. Promoción interna:

2.2.1. Estar en posesión da titulación esixida no punto 2.3.3 da presente convocatoria.

2.2.2. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública e virtude de expediente disciplinario, non atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.2.3. Os aspirantes deberán ser persoal laboral fixo do CIXTEC e deberán ter unha antigüidade de polo menos dous anos na categoría desde a que se accede e pertencer o día da publicación desta convocatoria no DOG, ás categorías 30 ou 91, integradas no grupo III do III Convenio colectivo único da Xunta de Galicia.

2.3. Acceso libre:

2.3.1. Ser español ou te-la condición de nacional dun Estado membro da U.E.

2.3.2. Ter feitos os 18 anos.

2.3.3. Estar en posesión do título académico de diplomado en informática, enxeñeiro técnico superior, diplomado en físicas, matemáticas ou FP 3º grao de informática, licenciado ou diplomado en Economía.

2.3.4. Non padecer enfermidade nin estar afectado por limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desempeño das correspondentes funcións.

2.3.5. Non estar separado do servicio de ningunha Administración pública en virtude de expediente disciplinario nin atoparse inhabilitado por sentencia firme para o exercicio de funcións públicas.

2.4. Tódolos requisitos esixidos nos puntos anteriores deberán posuírse no día de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

3. Solicitudes.

3.1. Os que dexesen tomar parte nestas probas selectivas deberán facelo constar en instancia axustada ó modelo que figura no anexo III. Xuntarase copia do DNI.

Así mesmo, no punto correspondente da instancia, deberá facerse consta-la titulación posuída ou estar en condición de obtela.

3.2. A presentación de solicitudes farase nas dependencias do CIXTEC, Santiago de Compostela, rúa Ramón Piñeiro, nº 27, C.P. 15702, ou ben na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, no prazo de 20 días naturais, a partir do seguinte á publicación desta convocatoria no DOG e dirixidas ó director do CIXTEC.

3.3. Os aspirantes con minusvalidez deberán indicalo na solicitude. Así mesmo deberán solicita-las correspondentes adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios en que esta adaptación sexa necesaria.

3.4. Os erros de feito que puideran advertirse poderán corrixirse en calquera momento, de oficio ou por instancia do interesado.

4. Admisión de aspirantes.

4.1. Expirado o prazo de presentación de instancia, o director do CIXTEC dictará resolución no prazo dun mes, na que se declare aprobada a lista de admitidos e excluídos. Na dita resolución, que deberá publicarse no DOG, indicaranse os lugares en que se atopen expostas ó público a lista certificada completa de aspirantes admitidos e excluídos. As devanditas listas deberán ser expostas en todo caso no taboeiro de anuncios do CIXTEC. Nas listas deberán constar, en todo caso, os apelidos, nome e número de DNI, así como a causa de exclusión.

4.2. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de 10 días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución, para poder corrixi-lo

defecto que motivou a exclusión, transcorrido este, publicarase a lista definitiva nos lugares indicados.

Contra a dita resolución poderá interpoñerse, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o órgano que a dicte no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte á súa publicación, ante o órgano competente da orde xurisdiccional contencioso-administrativa.

O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñezan ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca mediante a presente resolución. Cando da documentación que deba presentarse no caso de supera-lo proceso selectivo, se desprenda que non posúe algún dos requisitos, os interesados decaerán en tódolos dereitos que puideran derivarse da súa participación neste procedemento.

5. Tribunal.

5.1. O tribunal encargado de efectua-la selección, que estará constituído por un número impar de membros, non inferior a cinco, debendo designarse o mesmo número de membros suplentes, será nomeado polo director do CIXTEC. A súa composición farase pública por medio do correspondente anuncio no DOG.

5.2. Os membros do tribunal absteranse de intervir, notificándollo ó presidente do tribunal, cando concorran neles circunstancias das previstas no Art. 28 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas de preparación de aspirantes a probas selectivas nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria.

O presidente poderá solicitar ós membros do tribunal declaración expresa de non se atoparen incursos nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992.

Os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando concorran as circunstancias previstas na presente base.

5.3. Para a válida constitución do tribunal requirirase a presencia do presidente e secretario, e a metade, polo menos, dos seus vocais sexan titulares ou suplentes. Celebrará a súa sesión de constitución no prazo máximo de sesenta días a partir da publicación da súa designación.

Na dita sesión o tribunal acordará tódalas decisións que lle correspondan para o correcto desenvolvemento das probas selectivas.

5.4. A partir da súa constitución, o tribunal, para actuar validamente, requirirá a presencia do presidente e secretario ou, se é o caso, dos seus suplentes, e a metade polo menos dos seus vocais, titulares ou suplentes.

5.5. Na oposición, o tribunal resolverá tódalas dúbidas que puideran xurdir na aplicación destas normas, así como o que se deba facer nos casos non previstos.

O procedemento de actuación do tribunal axustarase en todo momento ó disposto na Lei 30/1992.

5.6. O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de asesores especialistas para as probas correspondentes dos exercicios que considere pertinentes, limitándose os ditos asesores a presta-la colaboración nas súas especialidades técnicas. A designación de tales asesores deberá comunicárselle ó director do CIXTEC.

5.7. O tribunal adoptará as medidas precisas, nos casos en que sexa necesario, de forma que os aspirantes con minusvalidez gocen de similares condicións para a realización dos exercicios ás do resto dos participantes. Neste sentido, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten na forma prevista na base 3.3 as adaptacións de tempo e medios para a súa realización.

5.8. Para os efectos do disposto no artigo 26.2º do Decreto 299/1990, do 24 de maio, o tribunal ten a categoría segunda.

5.9. Para efectos de comunicacións e demais incidencias, o tribunal terá a súa sede na rúa Ramón Piñeiro, nº 27, 15702 Santiago de Compostela.

5.10. O tribunal non poderá aprobar nin declarar que superaron as probas un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

6. Lista de aprobados.

Finalizada a oposición, o tribunal fará públicas, no lugar da súa sede, sinalado na base 5.9, e naqueloutros que considere oportunos, a lista de aspirantes aprobados, con indicación da puntuación obtida.

O presidente do tribunal enviará ó director do CIXTEC a copia certificada da devandita lista de aprobados así como a relación de opositores que superaron o cuarto exercicio con indicación da puntuación final obtida no conxunto de probas. Os nomes dos aprobados publicaranse no DOG.

7. Presentación de documentos e nomeamentos.

7.1. No prazo de 15 días naturais, contados desde o día seguinte a aquel no que a lista de aprobados sexa publicada no DOG, os aspirantes que superasen o proceso selectivo deberán presentar no CIXTEC, rúa Ramón Piñeiro, 27, os seguintes documentos:

a) Fotocopia compulsada do título esixido na base 2 ou certificación académica que certifique ter feito tódolos estudios para a obtención do título.

b) Declaración xurada ou promesa de que non foi separado, mediante expediente disciplinario, de ningunha Administración pública nin atoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas.

7.2. Os que dentro do prazo fixado e salvo casos de forza maior, non presentasen a documentación

ou do seu exame se deducise que carecen dalgún dos requisitos sinalados na base 2, non poderán ser nomeados persoal laboral e quedarán anuladas as súas actuacións, sen prexuízo da responsabilidade en que incorresen por falsidade na solicitude inicial.

7.3. Finalizado o proceso selectivo e unha vez cumpridos os requisitos esixidos con anterioridade, os que os superasen serán nomeados persoal laboral fixo do CIXTEC na categoría que corresponda mediante resolución do director do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, que se publicará no DOG, de acordo coa puntuación obtida no proceso selectivo.

7.4. Na resolución pola que se publique a proposta definitiva de aprobados poderán incluírse os postos que se lles oferten, con indicación dos requisitos para o seu desempeño.

8. Norma derradeira.

A presente convocatoria e cantos actos administrativos deriven dela e da actuación do tribunal poderán ser impugnados nos casos e na forma establecidos na Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2000.

Gonzalo Gómez Montaña

Director do Centro Informático para a Xestión

Tributaria, Económico-Financeira e Contable

ANEXO I

O procedemento de selección será o de oposición.

1. Promoción interna:

Os aspirantes da quenda de promoción interna estarán exentos da realización do terceiro exercicio da oposición.

2. Acceso libre:

Os temarios polos que se rexerán as probas selectivas son os que figuran no anexo II da presente convocatoria.

2.1. Primeiro exercicio: proba escrita de carácter eleminatorio constituída por 100 preguntas tipo test, relativas a todo o temario, con tres respostas alternativas das que só unha é verdadeira. O tempo de realización deste exercicio será de 1 hora e 50 minutos. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e será necesario para superalo obter unha puntuación mínima de 5 puntos. Correspóndelle ó tribunal determina-la, puntuación mínima, tendo en conta que por cada tres respostas incorrectas descontarase unha correcta.

2.2. Segundo exercicio: de caracter eliminatorio constituído por un suposto práctico. O desenvolvemento deste exercicio será do seguinte modo:

-O tribunal proporá dous supostos por cada unha das opcións que se relacionan a continuación.

-Os aspirantes deberán escoller unha opción e realizarán un exercicio dos dous propostos para esa opción.

A) Exercicio orientado ó desenvolvemento de aplicacións informáticas: consistirá na elaboración dunha análise e o seu diagrama xeral, describindo arquivos, listas e unidades de tratamento necesarias correspondentes co suposto práctico. Confección dun programa con seu organigrama na linguaxe LDA ou VisualBasic relativo ó caso práctico.

B) Exercicio orientado ó deseño e mantemento de sistemas informáticos e redes de comunicacións. Consistirá na resolución dun suposto práctico de integración de sistemas e/ou redes de comunicacións. Elaboración do diagrama de fluxo e as instruccións necesarias para a resolución dunha configuración sobre posibles entornos 2200/600, Windows NT e routers Cisco.

C) Exercicio orientado ó deseño e mantemento de procedementos de explotación de sistemas informáticos. Consistirá na resolución dun suposto práctico sobre control de equipos, materiais e avarías. Elaboración do diagrama de fluxo e as instruccións necesarias para a resolución dun suposto práctico para mecanización de control de equipos, materiais ou avarías na linguaxe COBOL.

Este exercicio terá unha duración máxima de 4 horas e cualificarase de 0 a 10 puntos; será necesario para superalo obter unha puntuación mímina de 5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para alcanza-la puntuación mínima.

2.3. Terceiro exercicio: de carácter eliminatorio consistirá na traducción dun texto técnico sobre informática de idioma inglés ó castelán. Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos, será necesario para supera-lo obter unha puntuación mínima de 2,5 puntos, correspondéndolle ó tribunal determina-lo nivel de coñecementos esixidos para alcanza-la puntuación mínima. Este exercicio terá unha duración aproximada de 30 minutos.

2.4. Cuarto exercicio de carácter non eliminatorio consistirá na traducción dun texto de galego ó castelan elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal. Este exercicio cualificarase de 0 a 5 puntos polo tribunal. A duración máxima deste exercicio será de 30 minutos.

As puntuacións de tódolos exercicios publicaranse no taboeiro de anuncios do CIXTEC así como na páxina Web do CIXTEC: www.cixtec.es.

Os aspirantes deberán presentarse para a realización de cada exercicio provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal.

A orde de puntuación dos aspirantes que superen o proceso selectivo efectuarase de acordo coa suma da puntuación obtida na oposición, non podendo supera-lo proceso selectivo un número superior de aspirantes ó de prazas convocadas.

Os aspirantes que ingresen polo sistema de promoción interna terán, en todo caso, preferencia sobre os aspirantes provenientes do sistema de acceso libre, para cubriren as vacantes correspondentes.

2.5. Desenvolvemento dos exercicios:

A orde de actuación dos opositores iniciarese alfabeticamente polo primeiro da letra G, consonte ca resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 23 de xuño de 1999.

En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal para acredita-la súa identidade.

Os aspirantes serán convocados para cada exercicio en único chamamento, sendo excluído da oposición quen non compareza, agás nos casos de forza maior xustificados e libremente apreciados polo tribunal.

O día, hora e lugar de realización do primeiro exercicio farase público na resolución que aprobe a lista definitiva de aspirantes admitidos e excluídos.

A publicación dos sucesivos anuncios de realización do segundo e restantes exercicios será efectuado polo tribunal no taboleiro de anuncios do CIXTEC, ademais de por calquera outro medio que o considere conveniente, sempre con vintecatro horas de antelación, cando menos, á súa inciación.

ANEXO II

Temario analistas programadores

Fundamento dos computadores.

1. Funcionamento e elementos dun sistema informático. Os subsistemas físico e lóxico.

2. Representación da información.

3. A Unidade Central de Proceso.

4. Microprocesadores.

5. O subsistema de entrada e saída.

6. A periferia dun sistema informático.

7. Dispositivos de almacenamento da información.

8. Procedemento para mellora-las prestacións dun ordenador: procesamento paralelo, memorias virtual e caché, procesadores RISC.

9. Tipos de sistemas informáticos: equipos grandes, medios e pequenos.

10. A xerarquía de niveles do subsistema lóxico.

11. Concepto, evolución e tendencias dos sistemas operativos.

12. Os sistemas operativos de equipos medios e pequenos (MS-DOS, WIN 3.11, NT, UNIX).

13. Os sistemas operativos de grandes equipos.

14. Administración e xestión do sistema operativo e software de base.

15. Organización e funcionamiento dun CPD.

Teleinformática.

16. Técnicas de transmisión.

17. Medio de transmisión e modos de comunicación.

18. Equipos terminais e de comunicacións.

19. Elementos conceptuais e arquitectura de sistema abertos.

20. O modelo de referencia de interconexión de sistemas abertos (OSI) do ISO.

21. Redes de área local, topoloxías, métodos de acceso, normalizacións, rendemento.

22. Redes de área extensa.

23. As redes públicas de transmisión de datos: Iberpac, RDSI

24. Equipos de interconexión de redes: repetidores, Bridges, Routers e gateways.

25. Protocolos de rede. O modelo X.25.

26. Protocolos de transporte: tipos e funcionamento.

27. Protocolos de nivel de aplicación.

28. O TCP/IP.

Enxeñería do software.

29. Modelos do ciclo de vida do software (fervenza, espiral).

30. Planificación estratéxica do sistema de información e comunicacións.

31. A análise de requisitos dos sistemas de información e das comunicacións.

32. Metodoloxías de desenvolvemento de sistemas.

33. A análise de sistemas de información. O modelo entidade-relación.

34. O deseño estructurado.

35. Linguaxes de programación.

36. A análise, o caderno de carga, a programación, a documentación.

37. Estructuras de datos.

38. Os sistemas de xestión de base de datos.

39. O modelo relacional. As reglas de Codd e a normalización.

40. Elementos básicos de SQL.

Ofimática e informática documental.

41. Os ordenadores persoais. Arquitectura e sistemas operativos.

42. Ferramentas de informática personal.

43. O ordenador persoal no marco da informática corporativa.

44. O groupware.

45. Interfaces de usuario final. A metáfora do escritorio.

46. O tratamento de imaxes e o proceso electrónico de documentos.

47. Recoñecemento óptico de caracteres e recoñecemento de voz.

48. Tecnoloxías de almacenamento óptico.

49. As bases de datos documentais.

50. Sistemas de recuperación da información.

51. O hipertexto.

Seguridade informática.

52. A análise de regas e plans de continxencia.

53. A seguridade do ordenador.

54. Seguridade en comunicacións e redes de ordenadores.