Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.611

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 15 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00726-O-1999 e catro máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras, dictadas polo delegado provincial da CPTOPV de Pontevedra, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada ante o director xeral de Transportes, no prazo dun mes, contado desde o seguinte ó da publicación da presente cédula.

No caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro de Facenda galega,

conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 311.500.007.9 de Caixa Galicia, oficina principal de Pontevedra, no prazo de 15 días hábiles seguintes á firmeza desta resolución, firmeza que se producirá ó non interpoñer recurso de alzada dentro do prazo, e de non facelo así, procederase ó seu cobramento por vía de constrinximento, segundo o prescrito no artigo 97 da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, de 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro).

E para que conste e sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999 citada anteriormente expido, asino e selo a presente cédula en Pontevedra o 15 de maio de 2000.

Mª Cruz Tomé Navas

Xefa do Servicio Provincial de Transportes

de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

PO-00726-O-1999

PO-8354-AW

G.C. de Tráfico

Manuel Victorio Durán Pérez, S.L.

Pino, 28, 4 A

36206 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando embutidos, carecendo de autorización de transportes. Non porta distintivos. Servicio público.

11-3-1999; 20.45; A-9; 147.

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.15.000 ptas.
PO-01620-O-1999

PO-0125-AF

G.C. de Tráfico

Asypra, S.L.

Barrantes, s/n

36636 Ribadumia (Pontevedra)

Circular transportando tubos de PVC desde Dena con destino Bueu carecendo de tódolos distintivos de transporte de radio de acción. Servicio privado.

15-7-1999; 17.30; N-550; 91.

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30).Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.15.000 ptas.
PO-01690-O-1999

PO-9642-AT

G.C. de Tráfico

Amistad de Vigo, S.L.

Zamora, 57

36203 Vigo (Pontevedra)

Non realiza-lo visado da autorización no prazo determinado pola administración. Servicio privado.

13-8-1999; 15.40; N-640; 206.

Artigo 199 b) do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.5.000 ptas.
PO-01705-O-1999

PO-2952-AN

G.C. de Tráfico

Intecga, S.L.

Constitución, 14

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Circular cun camión volquete de canteira, transportando unha formigoneira, carecendo de tódolos distintivos correspondentes á tarxeta de transportes que posúe. Servicio privado.

13-8-1999; 12; N-640; 226.5

O.M. 25 de outubro de 1990 (BOE do 30).Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.15.000 ptas.
PO-02115-O-1999

OR-4072-L

G.C. de Tráfico

Oteca, S.A.

Cantera-Laxedo, s/n

32004 Esgos (Ourense)

Circular cun tractocamión, arrastrando semiremolque transportando saburra, carecendo da correspondente tarxeta de transportes. Servicio público.

27-8-1999; 8; VRG-41; 0.

Artigo 199 b) do R.D. 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987, 201 do R.D. 1211/1990.5.000 ptas.