Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Martes, 20 de xuño de 2000 Páx. 9.591

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á corrección de erros nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativa á categoría 17 do grupo II (asistente social) (lista A) publicada por Resolución do 2 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 27, do 9 de febreiro).

Advertidos erros materiais nas listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, relativas á categoría 17 do grupo II (asistente social) (lista A) publicada por Resolución do 2 de febreiro de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 27, do 9 de febreiro), esta dirección xeral en aplicación do establecido no artigo 105.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

RESOLVE:

Publica-la rectificación dos erros materiais indicados no sentido de:

-Incluír a Aurora Romero Fernández, con DNI 34.981.638, na lista A1 no ámbito xeográfico D1500 no número de orde 11, no ámbito xeográfico D3200 no número de orde 7 e no ámbito xeográfico D3600 no número de orde 10, e en todos eles cunha puntuación de 29,790 puntos.

En consecuencia varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública