Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.532

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE PÚBLICA DE INVESTIMENTOS DE GALICIA, S.A.

ANUNCIO de demanda de financiamento.

Demanda de financiamento axustado ós seguintes termos:

Modalidade: préstamo.

Importe: ata 45.075.908 euros (7.500 millóns de pesetas) cun mínimo de oferta de 9.015.182 euros (1.500 millóns de pesetas) (nun ou varios tramos).

Período de disposición: ata 6 meses nunha ou varias disposicións.

Moeda: euros.

Modalidades.

Opción A: tipo de xuro variable referenciado a Euribor a 3 meses.

Prazo: 10 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

Opción B: tipo de xuro fixo.

Prazo: entre 7 e 12 anos (incluída carencia).

Carencia : 2 anos.

Opción C: calquera estructura que a entidade financeira considere que pode ser de interese para SPI-Galicia, S.A.

Prazo: entre 7 e 12 anos (incluída carencia).

Carencia: 2 anos.

(SPI-Galicia, S.A. reserva para si en función dos importes ofertados, o dereito a optar por calquera das tres opcións ou ben calquera das combinacións entre elas).

Garantías: as que se deriven do convenio marco e do PEF global de 2000 aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 19 de maio. O contrato que se asine, poderá incluír dentro das causas de vencemento anticipado a modificación substancial do accionariado de SPI-Galicia, S.A.

Presentación de ofertas.

As ofertas dirixiranse en sobre pechado á atención do presidente de SPI-Galicia, S.A., Praza de Europa, 10 A-5º, 15703 Santiago de Compostela, facendo constar nel, na marxe superior esquerda o seguinte: «Oferta préstamo xuño 2000».

Prazo de presentación de ofertas.

As ofertas deberán presentarse antes das 12 horas do día 29 de xuño de 2000 no Rexistro de SPI-Galicia, S.A.

O/os mandato/s serán outorgado/s no prazo máximo de oito días, contados desde a finalización do período de presentación de ofertas.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2000.

Juan José Novoa Montero

Presidente de SPI-Galicia, S.A.