Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Concello de Soutomaior, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato dos traballos de consultoría e asistencia a que se refire o presente anuncio.

Simultaneamente ó concurso, exponse ó público o prego de condicións polo pazo de catro días hábiles desde a súa publicación no BOP ou no DOG último no que se publique, aprazándose no suposto de que se presenten reclamacións contra el.

1. Entidade adxudicadora.

Concello de Soutomaior.

2. Obxecto e características do contrato.

a) Obxecto: redacción do proxecto básico e de execución e estudio de seguridade e saúde da rehabilitación da antiga fábrica de carburos como centro multiusos en Arcade. Lugar de execución: Soutomaior.

b) Prazo de execución: 3 meses.

c) Orzamento de execución por contrata: 7.012.687 pesetas (IVE incluído).

d) Garantía definitiva: non se esixe (artigo 38 da Lei 13/1995, do 18 de maio).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: a da presentación das proposicións.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 13 horas do décimo terceiro día natural posterior á publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG, último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

6. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

c) Localidade: Soutomaior.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate da presentación de ofertas. Se coincidise en sábado o seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

7. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Soutomaior, 6 de xuño de 2000.

Agustín Reguera Ocampo

Alcalde