Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.530

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OLEIROS

ANUNCIO de modificación do PXMO.

O Concello Pleno, na sesión que tivo lugar o día 29 de marzo de 2000, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual do PXMO, nunha parcela sita en Montrove, co fin de emenda-lo erro relativo á súa inclusión como predio singular.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, poderíase interpoñer recurso de reposición con carácter postestativo, no prazo dun mes, que se computará desde o día seguinte ó da súa notificación, perante o mesmo órgano que o dictou (ó abeiro do disposto polos artigos 116 e 117 da Lei 4/1994 de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común).

Tamén poderá contra esta resolución interpoñer, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante a orde xurisdiccional contencioso-administrativa, sen prexuízo da facultade de interposición do recurso extraordinario de revisión para os supostos e prazos previstos polo artigo 118 da citada lei.

Oleiros, 12 de maio de 2000.

Esther Pita Pita

Alcaldesa-presidenta