Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.518

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación da execución da obra proxecto de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de RSU do Barco de Valdeorras (Ourense).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de clausura, selaxe e rexeneración ambiental do vertedoiro de R.S.U. do Barco de Valdeorras (Ourense).

2.2. Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: cento once millóns novecentas dezaseis mil duascentas corenta e cinco (111.916.245) pesetas, IVE incluído (672.630,18 euros).

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Clasificación.

Grupo A e K, subgrupo 1, 2 e 6, categoría E.

8. Obtención da documentación.

8.1. Copistería Copy Nino.

8.2. Enderezo: rúa Xeneral Pardiñas, nº 2.

8.3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

8.4. Teléfono: 981 58 89 38.

9. Información.

9.1. Dirección: rúa Os Basquiños, nº 2.

9.2. Teléfono: 981 54 17 49.

10. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

10.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

10.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

10.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

11. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Admón. Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo se trasladará ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

12. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente