Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: variante L.M.T. a C.T. Granxas Deca.
Situación: Santiago de Compostela.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios metálicos (2) e con conductor LA-56, de 70 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Granxas Deca (expediente 30111) e final inmediacións autovía Santiago de Compostela-Lavacolla. Santiago de Compostela.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución;
tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 12 de maio de 2000.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña