Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.509

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/75-2, 5413 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: R.B.T. en Camporrío, A Parte e Remuín 2F.

Situación: Monforte de Lemos.

Descricións técnicas: liña de baixa tensión 750 m de lonxitude, con orixe en C.T. Camporrío en conductor R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 210 m de lonxitude, con orixe no C.T. A Parte en conductor R.Z. e apoios de formigón. Liña de baixa tensión de 620 m de lonxitude, con orixe no C.T. Remuín en conductor R.Z. e apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Lugo, 10 de maio de 2000.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo