Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Luns, 19 de xuño de 2000 Páx. 9.507

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 6 de xuño de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública para estudio ambiental, autorización administriva, declaración de utilidade pública, en concreto, e a necesidade da urxente ocupación que iso implica, aprobación do proxecto de execución e proxecto sectorial de incidencia supramunicipal da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 00/1-4).

En cumprimento do disposto no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, os Decretos 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, Art. 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, Art. 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométense a información pública, por solicitude da empresa Gamesa Energía, S.A., as instalacións que a continuación se describen:

Título: parque eólico Monte Castelo.

Solicitante: Gamesa Energía, S.A.

Domicilio social: Avda. do Cruceiro da Coruña 201-A, 15705 Santiago de Compostela.

Concellos afectados: Lalín e Vila de Cruces.

Superficie afectada: 737,5 ha.

Emprazamento: (coordenadas poligonais en unidades UTM).

V1 (568.500 4.733.500); V2 (569.000 4.733.500);

V3 (571.000 4.732.000); V4 (568.000 4.729.500);

V5 (568.000 4.731.500); V6 (567.000 4.732.000).

Características técnicas do parque eólico:

48 aeroxeradores, cunha potencia nominal unitaria de 660 kW, modelo G-47.

Potencia total instalada: 31,68 Mw.

Producción neta anual estimada: 81.775 Mwh/ano.

Orzamento total: 3.991.501.777 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

48 transformadores de 775 kVA, relación de transformación 0,69/20 kV.

Subestación transformadora a 20/220 V, para unha potencia de 35 MVA.

Rede subterránea de interconexión entre as máquinas existentes, a 20 kV, que transportará a enerxía xerada ata a subestación proxectada.

Obxecto da información pública:

-Estudio ambiental.

-Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

-Autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto sectorial das instalacións que comprende o proxecto do parque eólico Monte Castelo.

A declaración de utilidade pública levará implícita, de acordo co artigo 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, a necesidade da urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións.

Afección a predios particulares:

S.E.: superficie de expropiación de pleno dominio dos terreos afectados.

S.P.: servidume de paso que implica a construcción de camiños e canalizacións.

-Dereito de libre paso ou acceso de persoal e equipos para a construcción, montaxe, supervisión e vixilancia, conservación ou reparación das instalacións.

-Servidume de paso subterráneo, que comprende a ocupación do subsolo polas liñas eléctricas subterráneas aloxadas en gabias.

-Prohibición de efectuar remexedura do terreo ou calquera tipo de obras ou actos que poidan danar ou prexudica-los camiños e instalacións.

S.V.: servidume de voo das pas dos aeroxeradores.

P.E.: superficie de protección eólica afectada pola seguinte limitación de dominio:

-Prohibición de situar obstáculos de altura superior a 10 m (construcción, árbores, postes e outros).

O.T.: ocupación temporal dos terreos durante un prazo de 18 meses.

O que se fai público para coñecemento xeral dos propietarios dos predios e demais titulares de dereitos afectados que non chegaron a un acordo coa entidade solicitante, e que figuran na relación que se insire como anexo deste anuncio, así como ás persoas que, sendo titulares de dereitos reais ou intereses económicos sobre os bens afectados fosen omitidos, para que poidan examina-lo proxecto e presenta-las obxeccións e alegacións que se consideren oportunas a este, nesta Delegación Provincial sita na rúa Eduardo Pondal, nº 64 de Pontevedra (36003), no prazo de 30 días, contados a partir da derradeira publicación deste anuncio.

Así mesmo, o estudio ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico poderanse examinar nas dependencias da Dirección Xeral de Industria, Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Dirección Xeral de Turismo, Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra, concellos de Lalín e de Vila de Cruces, e na Delegación Provincial de Pontevedra, podendo presentarse ante ela cantas alegacións se consideren dentro do mesmo prazo sinalado no parágrafo anterior. Rematando o dito prazo, o expediente, xunto

coas alegacións recibidas, remitirase á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

É de significar que esta públicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados

sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación ou ben, intentada a notificación non se puidese realizar.

Pontevedra, 6 de xuño de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Vila de Cruces

PROPIETARIOSSUPERFICIE AFECCIÓN

Nome e apelidosEnderezo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

1Celso Choren MeijomeAsorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-0,00 m456,82 m456,82 m

2Sindo Iglesias LorenzoAsorei, nº 1

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-0,00 m1.411,96 m1.411,96 m

3Bernardino Otero GarcíaAsorei, nº 7

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-0,00 m266,41 m266,41 m

4José García GarcíaAsorei, nº 10

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

153,83 m-0,00 m1.127,99 m1.127,99 m

5Celso Montouto GarcíaAsorei, nº 6

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

41,42 m-0,00 m143,19 m143,19 m

6Celso Choren MeijomeAsorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

121,14 m-80,61 m515,33 m515,33 m

7Bernardino Otero GarcíaAsorei, nº 7

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-111,32 m249,74 m249,74 m

8Celso Choren MeijomeAsorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-12,88 m341,02 m341,02 m

9Claudio Lorenzo GonzálezAsorei, nº 11

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-0,00 m447,85 m447,85 m

10Bernardino Otero MontotoAsorei, nº 7

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

0,00 m-0,00 m2.046,87 m2.046,87 m

11Celso Choren MeijomeAsorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

29,09 m-377,98 m1.432,79 m1.432,79 m

12Ramón Gómez ViguideAsorei, nº 12

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

152,78 m-175,82 m1.155,60 m1.155,60 m

13Bernardino Otero MontotoAsorei, nº 7

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

7,15 m-0,00 m806,06 m806,06 m

15C.M.V.M.C. parroquia de Asorei

Pdte.: Celso Choren Meijome

Asorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

41.389,11 m-9.958,68 m123.456,90 m123.456,90 m

Lalín

PROPIETARIOSSUPERFICIE AFECCIÓN

Nome e apelidosEnderezo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

16C.M.V.M.C. parroquia de Busto

Pdte.: Fernando Vilariño Montouto

Souto, nº 5

36512 Busto-Lalín (Pontevedra)

30.399,60 m-9.117,17 m112.825,59 m112.825,59 m

17C.M.V.M.C. parroquia de Madriñán

Pdte.: Luis Valos Datorre

Torre, nº 1

364512 Madriñán-Lalín (Pontevedra)

21.457,84 m-5.416,06 m68.568,06 m68.568,06 m

18C.M.V.M.C. parroquia de Meixome

Pdte.: Fernando Ferreiro García

Castro, nº 5

36500 Meixome-Lalín (Pontevedra)

15.362,68 m-3.995,51 m66.391,29 m66.391,29 m

19Descoñecido

Rpte.: fiscal da audiencia Prov.

R/ Salvador Moreno, 5

32002 Pontevedra

14.142,31 m-3.067,86 m36.547,81 m36.547,81 m

20Monte dos veciños de Bermés

Portavoz: Manuel Gutiérrez Crespo

Camiño Real, nº 27

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

22.896,72 m-5.043,58 m51.922,47 m51.922,47 m

21Monte dos veciños do Carrio

Pdte.: Estrella Quintero Crespo

Portavoz de Carrio: Luis González Mato

Portavoz de Dabonxo: José Blanco Seco

O Val, s/n, 36500 O Carrio-Lalín (Pontevedra)

O Val, nº 9, 36500 O Carrio-Lalín (Pontevedra)

O Val, nº 12, 36500 O Carrio-Lalín (Pontevedra)

23.685,81 m-3.519,79 m45.548,49 m45.548,49 m

22José Ángel Gutiérrez CrespoCamiño Real, nº 27

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

127,99 m-0,00 m0,00 m0,00 m

23Dorinda FiguerasBarrio, s/n

36500 Bermés-Lalín (Pontevedra)

453,09 m-0,00 m0,00 m0,00 m

24José García PrietoOuteiro Pequeno, s/n

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

326,67 m-0,00 m0,00 m0,00 m

26Monte dos veciños de Bermés

Portavoz: Manuel Gutiérrez Crespo

Camiño Real, nº 27

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

205,28 m-0,00 m0,00 m0,00 m

27Monte dos veciños de Bermés

Portavoz: Manuel Gutiérrez Crespo

Camiño Real, nº 27

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

901,31 m-0,00 m0,00 m0,00 m

28José García VilaRiadios

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

25,20 m-0,00 m0,00 m0,00 m

29Dorinda FiguerasBarrio, s/n

36500 Meixome-Lalín (Pontevedra)

17,95 m-0,00 m0,00 m0,00 m

30José Cacheda SotoO Campo, s/n

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

9,48 m-0,00 m0,00 m0,00 m

PROPIETARIOSSUPERFICIE AFECCIÓN

Nome e apelidosEnderezo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

31José García VilaRiadios

36517 Bermés-Lalín (Pontevedra)

11,71 m-0,00 m0,00 m0,00 m

Subestación

PROPIETARIOSSUPERFICIE AFECCIÓN

Nome e apelidosEnderezo(S.E.)(S.P.)(S.V.)(P.E.)(O.T.)

15C.M.V.M.C. parroquia de Asorei

Pdte.: Celso Choren Meijome

Asorei, nº 13

36596 Vila de Cruces (Pontevedra)

22.725,00 m-0,00 m0,00 m0,00 m