Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación da concesión (ampliación de tráficos) mediante a incorporación dos tramos: Carballo-A Laracha-Polígono de Sabón, Carballo-Razo da Costa, Carballo-Buño-Laxe e Buño-Corme (porto), como anexos da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7027; XG-401, Santiago de Compostela-Carballo-A Laracha, con anexos, da titularidade da empresa Autos Carballo, S.A.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses), efectua-las alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 10 de abril de 2000.
Juan Carlos Villarino Tejada
Director xeral de Transportes