Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.411

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANXENXO

ANUNCIO.

O convenio urbanístico subscrito por este concello con Miraflores Sanxenxo, S.L. o 19 de novembro de 1988 e incorporado ó texto refundido das normas subsidiarias de planeamento municipal aprobado definitivamente o 29 de xaneiro de 1990, tiña por obxecto o desenvolvemento das normas subsidiarias mediante a ordenación detallada dunha parte do seu ámbito territorial.

Presentada no concello unha proposta de modificación parcial do convenio anterior, sométese a exposición pública polo prazo de vinte días, para os efectos previdos no artigo 121.1º en relación co 50.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sanxenxo, 18 de maio de 2000.

Telmo Martín González

Alcalde