Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.410

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO.

No BOP da Coruña, nº 109, do 13 de maio de 2000, publicouse o seguinte:

-Convocatoria específica nº 12/1999 (funcionarios de carreira). Quince prazas de cabo da policía local.

-Convocatoria específica nº 13/1999 (funcionarios de carreira). Tres prazas de sarxento da policía local.

-Convocatoria específica nº 14/1999 (funcionarios de carreira). Cinco prazas de suboficial da policía local.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados desde o seguinte ó da publicación do anuncio das convocatorias no BOE.

Despois da devandita publicación, os sucesivos anuncios relativos a cada convocatoria publicaranse unicamente no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios deste Concello.

A Coruña, 18 de maio de 2000.

P.D.

Florencio Cardador Canelo

Concelleiro delegado de Persoal do concello da Coruña