Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.382

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Xustiza e Administración Local, pola que se outorgan destinos correspondentes ó concurso de traslados do 25 de febreiro de 2000, polo que se ofertaban prazas vacantes dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Visto o expediente instruído como consecuencia do concurso de traslados convocado por Resolución do 25 de febreiro de 2000 (BOE do 8 de marzo), para cubri-las prazas vacantes entre oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza.

Esta dirección xeral, de conformidade co disposto nos artigos 455 e 494 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial e os artigos 54, 55 e 57 do Real decreto 249/1996, do 16 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos corpos de oficiais, auxiliares e axentes da Administración de xustiza,

DISPÓN:

Primeiro.-Facer públicos os destinos que con carácter definitivo se lles adxudicaron ós funcionarios que participaron no concurso de traslados convocado por resolución da data mencionada anteriormente, que se corresponden cos relacionados no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo.-Excluír do concurso de traslados os funcionarios que no anexo II se relacionan.

Terceiro.-Declarar caducadas as instancias presentadas polos participantes no presente concurso que non obtiveron destino, polo que non se terán en conta en futuros concursos de traslados.

Cuarto.-Os funcionarios deberán tomar posesión do seu destino o día 30 de xuño de 2000, data na que iniciarán a súa actividade os órganos xudiciais a que se refiren os postos de traballo que son obxecto desta resolución, cesando nos seus destinos de orixe tres días antes da indicada data no caso de tratárense da mesma localidade e a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado cando supoña cambio de localidade.

Se a resolución comporta reingreso no servicio activo á Administración de xustiza nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes, o prazo posesorio deberá de computarse desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, mais neste caso o dito prazo non resulta retribuído, xa que se produce antes de formalizarse o reingreso nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes e polo tanto non pode ser computado como de servicios efectivos.

No caso do que os funcionarios reingresados por medio do presente concurso se atopen en activo noutro corpo e non desexaran que se lles interrompese a súa relación de servicio coa Administración, dada a necesidade de contar co tempo indispensable para efectua-la toma de posesión, poderán solicitarlle ó presidente, xuíz, fiscal ou xefe do organismo do seu actual destino, un permiso retribuído dun día cando teña lugar dentro da mesma localidade ou de dous en caso contrario, agás aqueles casos que teñan que desprazarse a Canarias, Illas Baleares, Ceuta ou Melilla, no que o permiso poderá ser de ata tres días (Art. 66.1º g) do regulamento orgánico), tendo o cesamento no seu anterior destino con data inmediatamente anterior á da súa posesión na nova praza de reingreso.

Esta Comunidade Autónoma ou aquela Administración competente concederálle-la excedencia de oficio no corpo de procedencia se esta se produce nun corpo ó servicio da Administración de xustiza, e o cesamento neste destino terá data anterior á da súa posesión nos corpos de oficiais, auxiliares ou axentes co obxecto de evita-la interrupción na percepción dos seus haberes.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do Contencioso-Administrativo da provincia da Coruña no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2000.

José Antonio Álvarez Vidal

Director xeral de Xustiza e Administración Local

ANEXO II

Oficiais.

Excluír do concurso por obter praza na resolución definitiva do concurso do 12-4-2000 (BOE do 28).

Cabanelas Seara, Rafael.

Fondo Vidal, María Carmen.

Menor Pérez, Luis.

Pérez González, Juan Antonio.

Auxiliares.

Excluír do concurso por non levar un ano os seguintes funcionarios:

López Alonso, Albina.

Rodríguez Pena, Ricardo.

Excluír do concurso por obter praza na resolución definitiva do concurso do 12-4-2000 (BOE do 28).

Boquete Domínguez, Pilar.

Canabal Gómez, Francisco José.

Fernández González, María del Mar.

Ogea Ogea, Erundina.

Quintas Alfonsín, Enma Cristina.

Ramil Ramudo, María Teresa.

Rodríguez Carrera, Paula.

Valeiras Villanueva, María Esther.

Axentes.

Excluír do concurso por obter praza na resolución definitiva do concurso do 12-4-2000 (BOE do 28).

Cagiao Casteleiro, María Julia.

Cruz Pazo, Generosa María.

Dacal Insua, Juan Carlos.

Feijoo Bangueses, Celia.

Fernández Dafonte, Adolfo.

Roel Pagán, Berta.