Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Venres, 16 de xuño de 2000 Páx. 9.358

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de materiais para a construcción e saneamento.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector do comercio de materiais para a construcción e saneamento, con nº de código 3600345, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-4-2000, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Materiales para la Construcción, e da parte social, polas centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG con data do 18-4-2000, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 9 de maio de 2000.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial para o sector do comercio de materiais para a construcción

e saneamento de Pontevedra

Artigo 1º.-Partes asinantes.

Son partes asinantes deste convenio as centrais sindicais UGT, CC.OO. e CIG, en representación dos traballadores e a Asociación Provincial de Empresarios de Materiales para la Construcción (ASEMACO), en representación dos empresarios do sector.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo regula as relacións laborais e económicas entre empresas e traballadores do sector do comercio de materiais para a construcción e saneamento da provincia de Pontevedra, determinándose que quedan afectados por el as actividades comprendidas na venda ó retallo e na venda por xunto de artigos e materiais para a construcción e destinados para a súa ornamentación.

Artigo 3º.-Opción.

Cando nos centros de traballo das empresas se exerzan, ademais, outras actividades e estean por iso enmarcadas noutros convenios, os traballadores que presten servicios indistintamente nunha ou noutra actividade terán opción de acollerse ó convenio que resulte máis beneficioso no seu conxunto durante a vixencia deste convenio.

Artigo 4º.-Duración e vixencia.

Este convenio entrará en vigor ós dez días do asinamento. Terá unha duración de dous anos, contados a partir do día un de xaneiro de 2000, e rematarán os seus efectos o 31 de decembro de 2001.

Artigo 5º.-Prórrogas.

O convenio entenderase tacitamente prorrogado por períodos anuais, sempre que non sexa denunciado por calquera das partes.

A denuncia do convenio deberá formularse por escrito e ser comunicada á outra parte cunha antelación mínima de tres meses ó remate da súa vixencia.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas cás aquí pactadas, deberá conservalas, e poderán ser absorbidas, non obstante, ata alcanza-los niveis deste convenio.

Artigo 7º.-Retribucións.

As retribucións salariais para o primeiro ano de vixencia do convenio son as que para cada categoría se fixan na táboa salarial anexa.

Para o segundo ano de vixencia aplicarase un incremento salarial do 3,5 sobre tódolos conceptos económicos.

Artigo 8º.-Revisión salarial.

No caso de que o incremento do IPC o 31 de decembro de 2000 sexa superior ó 3%, este exceso servirá de base para a elaboración das táboas salariais do ano 2001.

No caso de que o incremento do IPC o 31 de decembro de 2001 sexa superior ó 3,5%, este exceso servirá de base para a negociación do convenio de 2002.

Artigo 9º.-Complemento de transporte urbano.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio percibirán un complemento de transporte urbano por día efectivo de traballo de 384 ptas./día efectivo.

Este complemento percibirano con independencia do complemento de distancia e calquera que sexa o medio utilizado polo traballador para o seu desprazamento.

A cantidade percibida por este concepto non terá a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computará para o cálculo de antigüidade, gratificacións extraordinarias, paga de beneficios,

etc., e tampouco se percibirán cando se encontre en situación de incapacidade laboral transitoria.

Queda igualmente exento de cotización á Seguridade Social.

Artigo 10º.-Aumentos por anos de servicio.

Os aumentos periódicos por anos de servicio consistirán en cuadrienios do 5% sobre os salarios do convenio.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá unha gratificación extraordinaria en xullo e outra en Nadal, polo importe dunha mensualidade cada unha, do soldo fixado na táboa salarial que lle sexa de aplicación, máis os aumentos por anos de servicio que lle correspondan.

Artigo 12º.-Participación en beneficios.

Esta participación fíxase nunha mensualidade do salario fixado na táboa salarial do convenio para cada categoría profesional, máis os aumentos por anos de servicio que, se é o caso, correspondan.

Esta participación aboaráselle a todo o persoal no mes de marzo de cada ano.

Artigo 13º.-Rateo de pagas.

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano percibirá as pagas extraordinarias de xullo e Nadal, así como a de beneficios, na parte proporcional que lle corresponda segundo o tempo traballado.

Artigo 14º.-Horas extraordinarias.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de favorece-la creación de emprego, as partes asinantes deste convenio, acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable as horas extraordinarias de acordo cos seguintes preceptos:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias motivadas por forza maior, entendendo por tales as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes: realización.

c) Horas extraordinarias estructurais: mantemento. Entenderanse como tales as necesarias por períodos punta de producción, pedidos imprevistos, cambios de quenda, ausencias imprevistas ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade de que se trate. Todo isto sempre que non poidan ser substituídos polas contratacións temporais ou a tempo parcial previstas na lei.

As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do 50% sobre o salario que lle correspondería a cada hora ordinaria segundo a táboa anexa.

Artigo 15º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado polo convenio terá dereito a desfrutar de vacacións anuais retribuídas de 30 días naturais de duración, as cales serán concedidas

entre os meses de maio e outubro, ámbolos dous incluídos.

Aquel traballador que por necesidades da empresa non desfrute as súas vacacións no dito período, maio-outubro, percibirá unha bolsa de 9.514 pesetas.

Sempre que non se alcance un acordo unánime entre os traballadores afectados, na determinación do período de desfrute das vacacións procederase, necesariamente, á elección dunha orde rotativa de preferencia, de tal forma que quen tivo preferencia na elección de quenda no ano anterior, perde esa primacía de opción ata que non a exerzan o resto dos seus compañeiros de traballo.

Os traballadores que non poidan desfruta-las vacacións por encontrarse xa con anterioridade ó período de vacacións en situación de IT por accidente laboral ou hospitalización, terán dereito ó desfrute destas sempre que causen alta antes de remata-lo ano natural. Nese caso non terán dereito a percibi-la bolsa de vacacións mencionada anteriormente.

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais de traballo efectivo, que serán prestadas de luns a sábado pola mañá, rematando o dito día a xornada ás 13.30 horas.

Non obstante o anterior, en cada establecemento comercial o empresario poderá chegar a acordos con todos ou algúns dos seus traballadores para a prestación de servicios os sábados pola tarde; neste caso, os traballadores terán dereito ó descanso compensatorio correspondente polo traballo nas tardes deses sábados, segundo o previsto no artigo 6 do Real decreto 1561/1995.

En todo caso, os traballadores obríganse a traballar os sábados pola tarde en caso de existir carga ou descarga de barcos, camións, vagóns, etc...

Os traballadores desfrutarán de descanso retribuído nas tardes dos días 24 e 31 de decembro e o día correspondente ó sábado da Semana Santa.

Artigo 17º.-Axudas de custo e desprazamentos.

Todo o persoal ó que se lle confire algunha comisión de servicio fóra da residencia habitual de traballo, terá dereito a que se lle aboen, en concepto de axudas de custo, as cantidades seguintes:

A axuda de custo completa será de 4.185 ptas./diarias e a media axuda de custo de 1.078 ptas./diarias.

O importe das axudas de custo completas e medias axudas de custo previstas, aboaranse ó comezo do desprazamento.

Nos casos en que por necesidades de servicio da empresa o traballador utilice o seu vehículo particular, percibirá por este concepto a cantidade de 30 ptas./km.

Artigo 18º.-Socorro por falecemento.

As empresas están obrigadas a entregarlles ós herdeiros forzosos dos traballadores que falezan por

accidente laboral, a suma de tres mensualidades do salario fixado neste convenio, ou dalgunha das súas prórrogas, máis a antigüidade, se é o caso, referido ó momento do falecemento.

Artigo 19º.-Seguro complementario de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio deberán subscribir no prazo dun mes a partir da data da súa publicación, e sempre que non teña concertado con anterioridade calquera outro igual ou superior, unha póliza de seguro colectivo e/ou individual de accidentes persoais que cubra e garanta os riscos profesionais e extraprofesionais, de morte ou invalidez permanente, por un capital de dous millóns de pesetas, en ámbolos casos.

Artigo 20º.-Excedencia por maternidade.

Será obrigatorio o reingreso dos traballadores que se acollesen á excedencia prevista no número 3 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores, logo de aviso de reingreso con dous meses de antelación ó remate do período de excedencia solicitado.

Para os efectos da protección á maternidade aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores e demais lexislación en vigor.

Transcríbese para efectos informáticos o disposto no ET, de tal maneira que se modificará automaticamente na forma en que se modifique o texto legal:

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou nos supostos de acollemento, tanto permanente como preadoptivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

Tamén terán dereito a un período de excedencia, de duración non superior a un ano, agás que se estableza unha duración maior por negociación colectiva, os traballadores para atende-lo coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidentes ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

A excedencia recollida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

Cando un novo suxeito causante dea dereito a un novo período de excedencia, o inicio dela dará fin á que, se é o caso, se viñese desfrutando.

O período en que o traballador permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para efectos de antigüidade e o traballador terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, á participación do cal

deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reincorporación. Durante o primeiro ano terá dereito á reserva do seu posto de traballo. Transcorrido este prazo, a reserva quedará referida a un posto de traballo do mesmo grupo profesional ou categoría equivalente.

Artigo 21º.-Roupa de traballo.

As empresas facilitarán dúas pezas de traballo ó ano, unha cada semestre, en concepto de útiles de traballo, ó persoal con actividade tal que aconselle o seu uso.

Artigo 22º.-Pluriemprego.

As partes asinantes deste convenio consideran conveniente erradica-lo pluriemprego, como regra xeral.

Para estes efectos considérase necesario que se aplique co máximo rigor as sancións previstas na lexislación vixente, nos casos de traballadores non dados de alta na Seguridade Social por estaren dados de alta xa noutra empresa.

Para coadxuvar ó obxectivo de controla-lo pluriemprego considérase esencial o cumprimento exacto do requisito de dar a coñecer ós representantes legais dos traballadores os boletíns de cotización á Seguridade Social, así como os modelos de contrato de traballo escrito que se utilicen na empresa e tamén os documentos relativos ó remate da relación laboral, conforme dispón o artigo 64.1º.5 do Estatuto dos traballadores. O incumprimento desta obriga considerarase falta grave para efectos da súa sanción pola autoridade laboral.

Artigo 23º.-Licencias.

Transcríbese para efectos informativos o disposto no artigo 37.3º do Estatuto dos traballadores, de tal maneira que se modificará automaticamente na forma que se modifique o texto legal.

O texto actual é o seguinte:

«O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou por falecemento, accidente ou enfermidade graves ou hospitalización de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, con tal motivo, o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indispensable, para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, comprendido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, aplicarase o que esta dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis de 20% das horas laborables nun período de tres meses, poderá a empresa pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no número 1 do artigo 46 desta lei.

No suposto de que o traballador, por cumprimento do deber ou desempeño do cargo, perciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que tivese dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha reducción da súa xornada en media hora coa mesma finalidade. Este permiso poderá ser desfrutado indistintamente pola nai ou o pai en caso de que ámbolos dous traballen.

A concreción horaria e a determinación do período de desfrute do permiso de lactación e da reducción de xornada, corresponderalle ó traballador, dentro da súa xornada ordinaria. O traballador deberá avisar previamente ó empresario con quince días de antelación á data na que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

As discrepancias xurdidas entre o empresario e o traballador sobre a concreción horaria e a determinación dos períodos de desfrute serán resoltas pola xurisdicción competente a través do procedemento establecido no artigo 138 bis da Lei de procedemento laboral.

Quen por razóns de garda legal teña ó seu coidado directo algún menor de seis anos ou un minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha reducción da xornada de traballo, coa diminución proporcional do salario entre, polo menos, un tercio e un máximo da metade da duración daquela.

Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo, e que non desempeñe actividade retribuída.

A reducción de xornada establecida neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes e mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limita-lo seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa».

Por outra parte, de acordo co disposto nos artigos 56 b) e 58 da ordenanza laboral de comercio, o persoal terá dereito a unha licencia retribuída de ata un máximo de 5 días naturais ó ano, por nece

sidade de atender persoalmente asuntos propios que non admitan demora, tendo en conta para iso os desprazamentos que o traballador teña que facer e as demais circunstancias que no caso concorran.

Esta licencia, demostrada a súa indubidable necesidade, concederase no acto, sen prexuízo das sancións que poidan impoñérselle ó traballador que alegue causas que resulten falsas.

A referencia que as alíneas b) e c) do presente artigo fan ó cónxuxe, entenderase feita, así mesmo, ó compañeiro/a que en situación estable e acreditada no rexistro dun concello conviva co traballador/a.

Os traballadores que cursen con regularidade estudios para a obtención dun título de ensino regrado, terán dereito a un permiso non retribuído de ata seis días ó ano para concorreren a exames, logo de solicitude do traballador á dirección da empresa coa debida antelación e xustificación correspondente.

Artigo 24º.-Suspensión con reserva de posto de traballo.

No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas, que se desfrutarán de forma ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase a opción da interesada sempre que seis semanas sexan inmediatamente posteriores ó parto. En caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que quede do período de suspensión.

Non obstante o anterior, e sen prexuízo das seis semanas inmediatas posteriores ó parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ó se inicia-lo período de descanso por maternidade, poderá optar por que o pai desfrute dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior ó parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, agás que no momento da súa efectividade a incorporación ó traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

Nos supostos de adopción e acollemento, tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata seis anos, a suspensión terá unha duración de dezaseis semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do traballador, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de dezaseis semanas nos supostos de adopción ou acollemento de menores maiores de seis anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por proviren do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servicios sociais competentes. En caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distri

buirase a opción dos interesados, que poderán desfrutalo de forma simultánea ou sucesiva, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

Nos casos de desfrute simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá exceder das dezaseis semanas previstas nos puntos anteriores ou das que correspondan en caso de parto múltiple.

Os períodos ós que se refire o presente artigo poderán desfrutarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os traballadores afectados, nos termos que regulamentariamente se determinen.

Nos supostos de adopción internacional, cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ó país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso no presente artigo, poderá iniciarse ata catro semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

Artigo 25º.-Xubilación.

As empresas e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co disposto no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, debendo as empresas substituílos simultaneamente no momento do seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado real decreto.

Artigo 26º.-Recoñecemento médico.

As partes asinantes do convenio consideran necesaria a colaboración de todos na adopción de medidas preventivas orientadas á diminución dos riscos de enfermidades e accidentes dos traballadores das empresas. Por isto recomendan que con periodicidade anual, e logo de acordo entre empresario e traballadores, se realicen recoñecementos médicos de todo o persoal das empresas, a través do Gabinete de Seguridade e Hixiene de Rande ou, se é o caso, das mutuas patronais de accidentes de traballo, ou noutra forma que no nivel da empresa se considere oportuna.

Se como consecuencia do recoñecemento médico realizado a un traballador aparecese algún aspecto que puidese afectar á realización do seu traballo, este quedará obrigado a comunicarllo á empresa.

Artigo 27º.-Dereitos de representación dos traballadores na empresa.

a) Crédito de horas. Os delegados de persoal disporán dun crédito de 16 horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación.

b) Acumulación de horas sindicais. No nivel de empresa, os delegados de persoal ou o comité poderán acorda-la acumulación de todo ou parte do crédito de horas sindicais establecido pola lei, nun ou varios dos delegados ou membros do comité de empresa. Para que iso produza efecto, a cesión de horas deberá ser comunicada por escrito á dirección da empresa.

c) Taboleiros de anuncios. En tódolos centros de traballo porase á disposición do comité de empresa un taboleiro de anuncios para coloca-la diversa información laboral que sexa de interese para os traballadores.

d) Delegado sindical. Nos centros de traballo con cadro de persoal superior a 80 traballadores, poderá existir un delegado sindical, nos termos previstos na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 28º.-Desconto en compras.

Os traballadores terán dereito a un desconto do 20%, sobre o prezo de venda ó público, nas compras que realicen nos establecementos onde presten os seus servicios.

Artigo 29º.-Formación.

As empresas de comercio de materiais de construcción colaborarán coas organizacións empresariais e sindicatos para a realización de cursos de formación para os/as traballadores/as, segundo o acordo de formación continua, sendo as organizacións empresariais e sindicatos os órganos autorizados e con competencia para desenvolver ese labor.

Ós traballadores/as que participen en cursos de formación continua teráselles en conta estes para efectos de promoción interna e o acceso ás categorías superiores.

Artigo 30º.-Contratación.

Contrato en prácticas:

-Os postos de traballo baixo os cales se poderá celebrar este contrato serán os que correspondan a tódolos técnicos titulados por ensino regrado.

-A duración máxima do contrato será de dous anos e a súa retribución será do 85% do salario base da súa categoría profesional.

Contrato para a formación:

-O contrato para a formación poderase celebrar con traballadores con idades comprendidas entre os 16 anos e os 20, ámbolos dous incluídos, que non teñan titulación requirida para formalizar contratos en prácticas no oficio ou posto de traballo.

-O contrato formativo terá como obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio cualificado no sector.

-A duración deste contrato non poderá ser inferior a seis meses, nin superior a dous anos e medio, e poderá prorrogarse por períodos de seis meses ata alcanza-lo tope dos dous anos e medio por considerarse este tempo suficiente para adquiri-la formación necesaria para desempeña-lo seu traballo, computándose os anos de formación para a antigüidade na empresa.

-A xornada de traballo será de 34 horas efectivas de traballo semanais, dedicándose as seis restantes á formación teórica. De non se cumprir este requisito, entenderase, agás proba en contrario, que non existiu formación.

-No contrato deberase especifica-lo horario do ensino. Expirada a duración máxima do contrato para a formación, o traballador non poderá ser contratado baixo esta modalidade pola mesma ou distinta empresa.

-Se concluído o contrato, o contratado para formación non continuase na empresa, esta entregaralle un certificado acreditativo do tempo traballado con referencia ó oficio obxecto da formación.

-O salario será do 80% do salario base da súa categoría profesional o primeiro ano e do 85% o resto.

-Os traballadores contratados en formación non poderán realizar horas extraordinarias.

-Non se poderán facer contratos de formación para o grupo I.

Contrato eventual:

-De conformidade co establecido no Real decreto 2720/1998, do 18 de decembro, polo cal se desenvolve o Art. 15 do ET en materia de duración determinada, este contrato só se poderá celebrar en épocas de acumulación de tarefas ou exceso de pedidos.

-A duración máxima deste contrato será de 13,5 meses dentro dun período de 18 meses, cunha indemnización ó seu termo de dous días de salario por mes de traballo.

-No suposto de formaliza-lo contrato por tempo inferior ó máximo poderá prorrogarse unha única vez.

Contrato para obra ou servicio determinado:

-Só se poderá realizar este contrato para feiras, exposicións, promocións de productos e por obra determinada.

-A duración máxima destes contratos non poderá ser superior a dous anos e medio.

-Ó remate do contrato por expiración do tempo pactado, o traballador percibirá unha indemnización económica equivalente a dous días de salario por mes traballado.

Contrato de interinidade:

-É o contrato para substituír traballadores con dereito a reserva do posto de traballo (maternidade, vacacións, IT, etc.).

-Especificarase no contrato o nome, apelidos, posto de traballo do traballador substituído e a causa da substitución indicando se o posto de traballo que se vai desempeñar será o do traballador substituído ou o doutro traballador da empresa que pase a desempeña-lo posto daquel.

Contrato a tempo parcial:

-Neste tipo de contrato indicarase a categoría profesional e o número de horas ordinarias de traballo ó día, á semana, ó mes ou ano e a súa distribución.

-A xornada de traballo efectivo será o 77% da xornada pactada no convenio colectivo.

-Cando a xornada sexa partida, esta só se poderá interromper unha soa vez. A interrupción será de dúas horas. O seu tramo máis curto de prestación efectiva de traballo será de catro horas.

-Non se poderán realizar horas extraordinarias.

-Converteranse en contratos a xornada completa aqueles que durante 30 días continuados ou de forma alternativa realizasen prolongacións de xornada.

-Os postos de traballo de tempo completo non se cubrirán con esta modalidade contractual.

Período de proba:

Poderá concertarse por escrito un período de proba, con suxeición ós límites de duración seguintes:

Grupo V e VI: 30 días.

Grupo III e II: 60 días.

Grupo I: 120 días.

Compromiso de emprego fixo:

Establécese como obrigatorio en empresas de máis de cinco traballadores unha porcentaxe mínima de emprego fixo do 15%.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación e cumprimento de cantas cuestións se deriven da aplicación deste convenio, establécese unha comisión paritaria integrada por tres representantes de cada unha das partes, escollidos de entre os membros da comisión deliberadora.

Artigo 32º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio observarase o establecido no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de xeral ou especial aplicación.

Artigo 33º.-Faltas e sancións.

Aplicarase o disposto nos artigos 12 ó 19 do acordo marco do comercio de ámbito nacional:

A empresa poderá sanciona-las accións ou omisións punibles en que incorran os traballadores de acordo coa gradación das faltas e sancións que se establecen neste texto.

Toda falta cometida por un traballador clasificarase, atendendo á súa importancia e transcendencia, en leve, grave ou moi grave.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A suma de faltas de puntualidade na asistencia ó traballo cando exceda de quince minutos nun mes.

2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ó traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. Pequenos descoidos na conservación nos xéneros ou do material da empresa.

4. Non comunicarlle á empresa calquera cambio de domicilio.

5. As discusións con outros traballadores dentro das dependencias da empresa, sempre que non sexa en presencia de público.

6. O abandono do traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por breve tempo. Se como consecuencia deste se orixinase prexuízo grave á empresa ou causase risco á integridade das persoas, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave, segundo os casos.

7. Falta de aseo e limpeza persoal cando sexa de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo e imaxe da empresa.

8. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidos.

9. Faltar un día de traballo sen a debida autorización ou causa xustificada.

Consideraranse como faltas graves as seguintes:

1. A suma de faltas de puntualidade na asistencia ó traballo cando exceda de trinta minutos nun mes.

2. A desobediencia á dirección da empresa ou a quen se encontre con facultades de dirección ou organización no exercicio regular das súas funcións en calquera materia de traballo. Se a desobediencia fose reiterada ou implicase quebranto manifesto da disciplina no traballo ou dela se derivase prexuízo para a empresa ou para as persoas poderá ser cualificada como falta moi grave.

3. Descoido importante na conservación dos xéneros ou do material da empresa.

4. Simula-la presencia doutro traballador, fichando ou asinando por el.

5. As discusións con outros traballadores en presencia do público ou que transcenda a este.

6. Empregar para uso propio artigos, utensilios ou pezas de roupa da empresa, ou sacalos das instalacións ou dependencias da empresa, a non ser que exista autorización.

7. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada laboral.

8. A inasistencia ó traballo sen a debida autorización ou causa xustificada de dous días en seis meses.

9. A comisión de tres faltas leves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e mediando sanción ou amoestación por escrito.

Consideraranse como faltas moi graves as seguintes:

1. Faltar máis de dous días ó traballo sen a debida antelación ou causa xustificada nun ano.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como no trato con

outros traballadores ou con calquera outra persoa durante o traballo, ou facer negociacións de comercio ou industria por conta propia ou doutra persoa sen expresa autorización da empresa, así como a competencia desleal na actividade desta.

4. Facer desaparecer, inutilizar ou causar desperfectos en materiais, utensilios, ferramentas, maquinarias, aparellos, instalacións, edificios, e documentos da empresa.

5. O roubo, furto ou malversación cometidos tanto contra a empresa como contra os compañeiros de traballo ou contra calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa ou durante a xornada laboral en calquera outro lugar.

6. Viola-lo segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa, ou revelarlle a persoas estrañas a ela o contido destes.

7. Orixinar frecuentes liortas ou pendencias cos compañeiros de traballo.

8. Falta notoria de respecto ou consideración ó público.

9. Os malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración ós xefes ou ós seus familiares, así como ós compañeiros e subordinados.

10. Toda conducta, no ámbito laboral, que atente gravemente ó respecto da intimidade e dignidade mediante a ofensa, verbal ou física, de carácter sexual. Se a referida conducta é levada a cabo prevalecéndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante daquela.

11. A comisión por un superior dun feito arbitrario que supoña a vulneración dun dereito do traballador legalmente recoñecido, de onde se derive un prexuízo grave para o subordinado.

12. A continuada e habitual falta de aseo e limpeza de tal índole que poida afecta-lo proceso productivo e imaxe da empresa.

13. A embriaguez habitual e drogodependencia manifesta en xornada laboral e no seu posto de traballo. O estado de embriaguez ou a inxestión de estupefacientes manifestados unha soa vez serán constitutivos de falta grave.

14. Diminución continuada e voluntaria no rendemento normal do seu traballo, sempre que non estea motivada por ningún dereito recoñecido polas leis.

15. A reincidencia en falta grave, aínda que sexa de distinta natureza, sempre que se cometa dentro dos seis meses seguintes de se ter producido a primeira.

Correspóndelle á dirección da empresa a facultade de impoñer sancións nos termos estipulados no presente acordo. A sanción das faltas leves, graves e moi graves requirirá comunicación escrita ó traballador, facendo consta-la data e os feitos que a motivan.

Para a imposición de sancións seguiranse os trámites previstos na lexislación xeral.

As sancións que poderán impoñerse en cada caso, atendendo á gravidade da falta cometida, serán as seguintes:

1. Por faltas leves. Amoestación verbal. Amoestación por escrito. Suspensión de emprego e soldo ata tres días.

2. Por faltas graves. Suspensión de emprego e soldo de tres a quince días.

3. Por faltas moi graves. Desde a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días ata a rescisión do contrato de traballo nos supostos en que a falta fose cualificada no seu grao máximo.

A facultade da dirección da empresa para sancionar prescribirá para as faltas leves ós dez días, para as faltas graves ós vinte días e para as moi graves ós sesenta días a partir da data en que aquela tivo coñecemento da súa comisión e, en calquera caso, ós seis meses de se ter cometido.

Táboa de salarios do sector do comercio de materiais

para a construcción de Pontevedra. 2000

Grupo I
Persoal técnico titulado:
Titulado de grao superior134.920
Titulado de grao medio112.183
Axudante técnico sanitario97.020

Grupo II
Persoal mercantil técnico:
Director150.077
Xefe de división130.374
Xefe de persoal, compras, vendas e encargado127.341
Encargado xeral112.183
Xefe de sucursal e supermercado112.183
Xefe de almacén104.605
Xefe de sección mercantil100.052
Encargado de establecemento, vendedor, comprador, subastador100.052
Intérprete95.508

Persoal mercantil propiamente dito:
Viaxante97.020
Corredor de praza95.508
Dependente93.991
Axudante86.406

Grupo III
Persoal técnico non titulado:
Director148.565
Xefe de división130.374
Xefe de administración119.762
Secretario93.862
Contable103.087
Xefe de sección administrativa109.149

Persoal administrativo:
Contable-caixeiro, taquimecanógrafo en idioma estranxeiro103.087
Oficial administrativo e operador de máquinas contables100.052
Auxiliar administrativo e perforista93.991
Auxiliar de caixa86.406

Grupo IV
Persoal de servicios e actividades auxiliares:
Xefe de dirección do servicio115.218

Debuxante113.700
Escaparatista106.121
Axudante de montaxe86.406
Delineante, visitador, rotulista, cortador87.935
Axudante de cortador, xefe de taller87.935
Profesional de oficio de 1ª93.991
Profesional de oficio de 2ª87.935
Profesional de oficio de 3ª87.935
Axudante87.935
Capataz90.957
Mozo especializado87.929
Ascensoristas, telefonistas, mozo empaquetador86.406

Grupo V
Persoal subalterno:
Conserxe86.406
Cobrador86.406
Vixilante, sereno, ordenanza, porteiro86.406
Persoal de limpeza (por hora)456