Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.307

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 18 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, de notificación da resolución do expediente 28/1998, en materia de regularización da situación dos ocupantes nas vivendas de promoción pública.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), notifícaselle a interesada cos datos e último enderezo coñecido, a resolución do expediente tramitado ó abeiro do Decreto 123/1998, en materia de regularización da situación dos ocupantes nas vivendas de promoción pública, devolta polo servicio de correos:

-Expediente: 28.

Solicitante: Teresa Montoya Montoya.

Grupo, localidade: Primeiro de Maio; Verín.

Vivenda. Bloque XIV, piso 3º dereita.

Visto o expediente de referencia, tramitado ó abeiro do Decreto 123/1998, e de acordo cos seguintes:

Feitos.

1. O día 28 de agosto de 1998 deuse entrada no rexistro desta delegación provincial á solicitude máis arriba indicada.

2. Xunto con outra documentación atinente ó procedemento, a interesada achegou como documento acreditativo da cesión da vivenda ó seu favor, dous escritos asinados polo titular daquela nos que consta que a data de celebración da transmisión é do 20 de outubro de 1994.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro.-Competencia.

A delegación provincial do IGVS é competente para a resolución do presente expediente, de acordo co disposto no artigo 17 do Decreto 70/1997.

Segundo.-Tramitación.

O artigo 1 do Decreto 123/1998 establece que o seu obxecto consista na regularización das vivendas de protección oficial de promoción pública respecto das situacións que se produciran ata o 26 de maio de 1994. Polo que, o suposto que estamos a resolver non cumpre coa mencionada antigüidade, pois sucede en outubro do ano 1994.

Vistos os feitos e razoamentos xurídicos e demais normativa aplicable de xeral aplicación, esta delegación provincial

ACORDA:

Denega-la regularización da situación da ocupante, Teresa Montoya Escudero, da vivenda 3ª dereita, do bloque XIV, correspondente ó grupo Primeiro de Maio, de Verín, ó non darse cumprimento ó requisito esixido no artigo 1 do Decreto 123/1998, de ter ocupada a vivenda con data anterior ó 26 de maio de 1994.

O que se lle comunica á interesada, facéndolle constar que, non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114 e concordante da LRXPAC, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe interpor recurso ordinario perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día da notificación desta resolución.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso citado, sen que se fixera uso deste dereito, a presente resolución será firme para tódolos efectos regulamentados.

Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigo 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, no prazo dun mes contado a partir do día desta publicación, poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

Ourense, 18 de maio de 2000.

José Elier Ojea Ureña

Delegado provincial do Instituto Galego

da Vivenda e Solo