Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Xoves, 15 de xuño de 2000 Páx. 9.300

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2000 pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación urxente, dun contrato de consultoría e asistencia para o programa 2 do RIS + Galicia, consistente no deseño dun mecanismo de apoio integral ó proceso de innovación en empresas. (Expediente 2/2000 DXPI).

Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería de Industria e Comercio.

Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Programas Industriais e Infraestructuras Tecnolóxicas.

Número de expediente: 2/2000 DXPI.

Obxecto do contrato.

Descripción do obxecto: o deseño dun mecanismo de apoio integral ó proceso de innovación nas 12 empresas que forman a mostra piloto, dividido en 3 lotes de 4 empresas cada un.

Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2000.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación.

Importe total: 26.954.532 ptas. (162.000 euros), IVE incluído, divididos en 3 lotes de 8.984.844 ptas. (54.000 euros) cada un.

Garantías.

Provisional: o 2% do orzamento de cada lote do contrato (179.697 ptas. por lote).

Obtención de documentación e información.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Teléfono: 981 54 55 22.

Fax: 981 54 49 49.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións, en días e horas hábiles de oficina.

Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: oito días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 8ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

Entidade: Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta:

3 meses conforme o artigo 90 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas (LCAP).

Admisión de variantes: (concurso): non se admite.

Outras informacións.

Os licitadores deberán xustifica-la súa solvencia económica e financeira, de conformidade co artigo 16.1º a) e c) da LCAP, mediante calquera dos seguintes medios: a) informe de institucións financeiras, ou b) declaración relativa á cifra de negocios global e dos servicios ou traballos realizados pola empresa no curso dos tres últimos exercicios e relacionados co obxecto do contrato. Así mesmo, a solvencia técnica e profesional acreditarase, conforme co artigo 19.b) da mesma lei, mediante unha relación dos principais servicios ou traballos realizados nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e beneficiarios públicos ou privados destes.

Apertura das ofertas.

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4º piso.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día de apertura das proposicións coincidira en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: dez horas.

Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-10-1999, DOG nº 207)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio