Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.187

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

ANUNCIO.

Por resolución da alcaldía do 29-5-2000, aprobouse o prego de condicións que rexerá o procedemento aberto, polo trámite de urxencia, para o concurso da explotación do bar das piscinas municipais.

-Prezo: canón mínimo 5000 pesetas, máis 16% IVE.

-Presentación de plicas: nos 13 días naturais seguintes ó da publicación do anuncio no BOP/DOG (conta desde a última publicación). Horario: das 9 ás 14 horas de luns a venres no Rexistro do Concello.

-Apertura de ofertas: o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de proposicións, agás sábado, en sesión pública no concello, ás 11 horas.

Nogueira de Ramuín, 26 de maio de 2000.

José Eugenio Galindo González

Alcalde