Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.186

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BERGONDO

ANUNCIO.

O alcalde-presidente deste concello, por Resolución do 29 de maio de 2000, aprobou inicialmente, a modificación puntual do Plan parcial do polígono industrial na parcela B-48, propiedade da empresa Luidana, S.L. representada por José Otero López, consistente en establecer, como uso complementario ó actual, o uso comercial nas categorías de empresas de servicios e venda polo miúdo de artigos, cunha ocupación máxima do 5% sobre a ocupación total permitida na parcela, segundo o proxecto redactado pola arquitecta Beatriz López García, colexiada nº 1.436.

O que se fai público para xeral coñecemento, co fin de que, á vista do expediente, os interesados poidan formula-las alegacións que consideren oportunas, durante o prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da última publicación deste anuncio.

Bergondo, 31 de maio de 2000.

José Fernández Ramos

Alcalde-presidente