Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.182

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da elaboración de proxecto e execución da obra para a apertura dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición no concello de Monterroso (Lugo).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: elaboración de proxecto e execución de obra para a apertura dun vertedoiro de residuos da construcción e demolición no concello de Monterroso (Lugo).

2.2. Prazo de execución: dezaseis (16) semanas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trinta e cinco millóns (35.000.000) de pesetas (210.354,24 euros), IVE incluído.

5. Fianza provisional.

Non se esixe.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de adxudicación.

7. Clasificación: grupo A, subgrupo 1 e 2, categoría C.

8. Obtención da documentación.

8.1. Documentación.

a) Entidade: Consellería de Medio Ambiente.

b) Domicilio: rúa dos Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8.2. Información.

a) Dirección: rúa dos Basquiños, nº 2.

b) Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa dos Basquiños nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) No suposto de que se participe en máis dun concurso de elaboración de proxecto e execución de obra para a apertura dun vertedoiro de residuos de construcción e demolición nos concellos de Boiro e Monterroso, a documentación xeral contida no sobre A presentado para un deles producirá plenos efectos no outro ó que se presenten proposicións, facendo constar na parte externa do sobre A, referencia do concurso no que se contén a documen

tación xeral, sen prexuízo da clasificación esixida para cada concurso.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do remate de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería

de Medio Ambiente