Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.178

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2000, da Dirección Xeral de Industria, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do parque eólico denominado Pena Grande. (Expediente 030-EOL).

Examinado o expediente instruído a pedimento de Made Energías Renovables, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en rúa do Castiñeiriño, 12, 3º A, C.P. 15702 Santiago de Compostela, sobre autorización das instalacións do parque eólico denominado Pena Grande; resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O 23 de marzo de 1999, Jerónimo Llompart Homs, en nome e representación de Made Energías Renovables, S.A. solicitou a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución, do parque eólico denominado Pena Grande, de 17,82 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos nos decretos 2617/1966, xa mencionado, 2619/1996, do 20 de outubro, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e Decreto 205/1995, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo, do 18 de maio de 1999, publicada no BOP de Lugo, do 5 de xuño de 1999, no Boletín Oficial del Estado, do 3 de xuño de 1999, no diario El Progreso, do 10 de xuño de 1999 e La Voz de Galicia, do 8 de xuño de 1999, no DOG, do 4 de xuño de 1999 e no taboleiro de anuncios do Concello de Muras.

Durante o período de información pública non se presentaron alegacións contra a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Terceiro.-O 27 de agosto de 1999, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable sobre o citado proxecto, coas seguintes características básicas:

Situación e coordenadas poligonais:

Nome: Pena Grande.

Municipio: Muras.

Vértices:

XY

6140004819750.

6145004819875.

6163504818400.

6161004817898.

Características técnicas do parque.

Nº de aeroxeradores: 27.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 Kw.

Xeradores: MADE AE-46/I.

Potencia total instalada: 17,82 MW.

Producción anual estimada: 44.676 MWh/ano.

Investimento previsto: 2.860.749.658 ptas.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión.

27 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transporte de transformación 0,69/20 kV, instalados unitariamente en interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 20 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 20/132 kV.

Subestación transformadora 20/132 kV para evacuación de enerxía producida nos parques eólicos de Pena Grande e Silán, composta por dous transformadores principais 20/132 kV de 32 MVA de potencia nominal cada un e dous trasformadores auxiliares 20/0,42 kV de 50 kVA de potencia nominal unitaria cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra, medida e protección.

Cuarto.-O 27 de marzo de 2000, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aprobar a declaración de efectos ambientais do citado parque eólico.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, o Decreto 205/1995, do 6 de xullo xa citados.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no decreto 2617/1966 sobre autorización de instalacións eléctricas. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas, ó amparo do establecido nos artigos 11 e 14 do Decreto 2617/1966 e no artigo 13 do Decreto 205/1995,

RESOLVE:

Autorizar a Made Energías Renovables, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Pena Grande, que se situará no concello de Muras.

Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Made Energías Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 57.214.993 pesetas, importe do 2% do orzamento que figura no expediente para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 15 do citado Decreto 205/1995, do 6 de xullo.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e plans que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 2.860.749.658 ptas.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto, será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria. Así mesmo, a Delegación Provincial de Industria e Comercio en Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicarlle a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Made Energías Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribir esto no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio, do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do R.D. 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sistema centralizado que para o réxime especial estableza, de se-lo caso, a Dirección Xeral de Industria.

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de efectos ambientais do 15 de decembro de 1999, así como aquelas que no seu

día se emitan conforme o disposto no artigo 3.2º do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria