Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.176

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/37-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Iberdrola, S.A.

Domicilio social: Circunvalación, 17, 32350 A Rúa.

Denominación: L.M.T., C.T. para túnel descarga C. Ponte Bibei.

Situación: A Pobra de Trives.

Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV en conductor LA-56, de 148 m, derivada desde o apoio nº 14 da L.M.T. Ponte Bibei-Est. bombeo, e remata no C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, 20.000/380 V preto do túnel de descarga, ó que subministrará en B.T.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 10 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense