Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.171

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2000 pola que se nomean funcionarios de carreira da escala de técnico de xestión da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude de probas selectivas para promoción interna.

De conformidade coa proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para ingreso na escala de técnico de xestión, pola quenda de promoción interna, e verificada a posesión dos requisitos esixidos na base 2 da convocatoria,

O rector, de conformidade co disposto no artigo 78 n) dos estatutos da universidade de Santiago de Compostela,

RESOLVE:

Primeiro.-Nomear funcionarios de carreira da escala de técnico de xestión da Universidade de Santiago de Compostela ós aspirantes aprobados que se relacionan no anexo desta resolución.

Segundo.-Para a adquisición da condición de funcionario de carreira, os interesados prestarán xura

mento ou promesa, de acordo co establecido no Real decreto 707/1979, do 5 de abril.

Terceiro.-A toma de posesión deberán efectuala perante este rectorado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-De conformidade co disposto no artigo 13 do Real decreto 598/1985, do 30 de abril, e no artigo 10 da Lei 53/1984, do 26 de decembro, de incompatibilidades do persoal obxecto do presente nomeamento, para tomar posesión deberán realiza-la declaración á que se refire o primeiro dos preceptos citados ou a opción ou solicitude de compatibilidade no artigo 10 da Lei 53/1984.

Quinto.-Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, de conformidade cos artigos 46 e 10.1º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada por Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado en tanto non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e ss. da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2000.

Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Escala de técnico de xestión da Universidade

de Santiago de Compostela

Apelido 1Apelido 2NomeDNI

1SantosVigoEmilio33.235.166
2MartínezBermúdezInés33.836.971
3MartíFernándezMª del Carmen33.244.363