Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Mércores, 14 de xuño de 2000 Páx. 9.106

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de maio de 2000 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria número 1 de Sarria (Lugo).

Tendo en conta o artigo 3.1º do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os corres

pondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autoriza-lo cambio de denominación do centro que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2000.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Lugo.

Concello: Sarria.

Localidade: Sarria.

Código do centro: 27012036.

Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 1 de Sarria.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Gregorio Fernández.