Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.100

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXAVIGO E OURENSE

ANUNCIO de fusión.

As asembleas xerais da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, do día 8 de xuño de 2000 adoptaron, entre outros, o acordo de fusión, de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da Presidencia da Xunta de Galicia, reguladora das caixas de aforro de Galicia, da Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, quedando esta última caixa disolta sen liquidación e traspasando en bloque á Caixa de Aforros de Vigo e Ourense a título de sucesión universal a totalidade do seu patrimonio, pasando a denominarse esta última Caixa de Aforros de Vigo, Ourense e Pontevedra.

Ó aborda-la modalidade de integración das entidades de Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, estas guiáronse polos principios de racionalidade, economicidade, competitividade e, dun xeito moi especial, polo de ponderación e equilibrio entre iguais, e, de acordo con tales principios e cos obxectivos de maximiza-lo valor patrimonial da caixa resultante da fusión, preserva-la capacidade operativa e funcional desta e minimiza-los custos directos e indirectos inherentes a todo o proceso de fusión, optouse por levar a cabo a devandita integración de conformidade co procedemento establecido no artigo 24 b) da Lei 4/1996, do 31 de maio, da Presidencia da Xunta de Galicia, reguladora das Caixas de Aforro de Galicia que, en opinión das entidades participantes na fusión, é o máis adecuado ós principios antes sinalados de racionalidade, economicidade, competitividade e que non vulnera o de ponderación e equilibrio entre iguais, sendo respectuoso coa

historia das entidades que se integran, co futuro institucional da caixa resultante da fusión e co acordado no Protocolo de Integración subscrito por Caixa de Aforros Municipal de Vigo, Caixa de Aforros Provincial de Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Ponteveda, o 15 de marzo de 1999.

Para os efectos previstos nos artigos 242 e 243 da Lei de sociedades anónimas, faise constar expresamente o dereito dos conselleiros xerais e dos acredores a obte-lo texto íntegro do acordo e do balance de fusión, así como o dereito que asiste ós acredores a opoñerse á fusión das entidades Caixa de Aforros de Vigo e Ourense e Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra.

Vigo, 9 de xuño de 2000.

Ramón Cornejo MolínsManuel Bermúdez Couso

Caixa de Aforros de VigoCaixa de Aforros de Vigo

e Ourensee Ourense

Manuel Campos Villarino

Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra