Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.096

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do día 7-2-2000, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado para a ordenación de volumes na unidade de actuación centro-sur número 4 (Carril das Flores-Carril das Hortas), do PXOU vixente, que modifica o aprobado polo Concello Pleno con data do 9-12-1994, solicitado por David Lázare Rodríguez na súa calidade de presidente da xunta de compensación da devandita unidade de actuación.

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 9 de febreiro de 2000.

Ángel Quiñoá Murado

Secretario

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía 60/1995)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área