Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.078

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 2 de xuño de 2000 pola que se nomea a Manuel Castro Oliva presidente suplente do tribunal cualificador das probas selectivas para a provisión de dúas prazas de conserxe vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade.

Aceptada a renuncia de Antonio Domínguez Iglesias, presidente suplente do tribunal xulgador das probas selectivas para a provisión de dúas prazas de conserxe vacantes no cadro de persoal laboral desta universidade convocadas por Resolución do 23 de xullo de 1999 (Diario Oficial de Galicia do 23 de agosto),

Este rectorado, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 18 en relación co artigo 3 e) da Lei 11/1983, do 25 de agosto (BOE do 1 de setembro) de reforma universitaria, así como nos estatutos desta universidade, resolve nomear a Manuel Castro Oliva funcionario da escala técnica de xestión da Universidade de Vigo, presidente suplente do tribunal citado.

Vigo, 2 de xuño de 2000.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo