Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Martes, 13 de xuño de 2000 Páx. 9.064

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 6 de xuño de 2000 pola que se resolve a convocatoria de libre designación, anunciada por Orde do 14 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 81, do 27 de abril).

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería

de Economía e Facenda, por Orde do 14 de abril de 2000 (Diario Oficial de Galicia nº 81, do 27 de abril), en uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no seu artigo 15.4º e de conformidade co disposto no artigo 27 da referida lei, modificado polo artigo 6 da Lei 3/1995, do 10 de abril, visto o Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e demais normativa vixente, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Designa-los funcionarios que se citan no anexo desta orde para ocupa-los postos que así mesmo se sinalan.

Segundo.-Os cesamentos nos actuais destinos efectuaranse segundo o prazo previsto no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, no prazo de tres días a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. A toma de posesión deberá facerse no prazo de tres días a partir do día seguinte ó do cesamento ou no prazo dun mes, segundo proceda, de conformidade co disposto no referido artigo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde causen alta os funcionarios efectuará, dentro dos prazos sinalados anteriormente, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente serán realizados os trámites para a súa alta en nómina.

Das dilixencias efectuadas serán remitidas copias á Dirección Xeral da Función Pública e á Inspección Xeral de Servicios.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados/as poderán interpoñer, potestativamente, recurso de reposición ante este mesmo órgano no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición na que teña o seu enderezo o demandante, ou ben no da Coruña, á súa elección, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda

ANEXO

Apelidos e nome

NRP

GrupoDenominación e

código do posto

NivelComplemento E.Centro directivo ou dependenciaLocalidade

Martínez Santamarina, Eusebio José

3399308724 A2086

AXefe do Servicio de Inspección Tributaria

EFC991000032001059

281.459.680Delegación TerritorialOurense

Apelidos e nome

NRP

GrupoDenominación e

código do posto

NivelComplemento E.Centro directivo ou dependenciaLocalidade

Bueno Rey, Sandra

3612496968 A2086

AXefe do Servicio de Recadación

EFC991000036001075

281.459.680Delegación TerritorialPontevedra

Martín Hierro, Mª del Socorro

3276550868 A2086

AXefe do Servicio de Fiscalización e Xestión

EFC030000115770005

281.737.708Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Morán Méndez, Eloy Constantino

7690285624 A2086

AXefe do Servicio de Control Financeiro en Sociedades Mercantís

EFC030000415770005

281.737.708Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Muñoz Fonteriz, Elena

3611995068 A2086

AXefe do Servicio de Fiscalización e Contabilidade

EFC030001415770005

281.737.708Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Rey Jorge, Ana

3329599224 A2086

AXefe do Servicio de Fiscalización e Contabilidade

EFC030001215770005

281.737.708Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela

Sicre Romero, Mª de los Ángeles

3266999513 A2086

AXefe do Servicio de Contas e Análises Financeiras

EFC030000215770013

281.737.708Intervención Xeral da Comunidade AutónomaSantiago de Compostela