Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO para a adxudicación por concurso, con procedemento aberto, trámite ordinario, da obra eliminación de barreiras arquitectónicas.

1. Entidade adxudicadora:

Concello de Culleredo (A Coruña).

Praza do Concello, s/n, Tarrío-Culleredo (A Coruña).

Teléfono: 981 67 77 77.

Fax: 981 67 76 46.

2. Obxecto do contrato: eliminación de barreiras arquitectónicas.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Forma: concurso.

6. Orzamento: 19.956.705 ptas./119.942,21 euros.

7. Garantía provisional: 2% do orzamento.

8. Garantía definitiva: 4% do orzamento.

9. Duración do contrato: 3 meses.

10. Obtención de documentos e información:

Concello de Culleredo.

Praza do Concello, s/n, Tarrío-Culleredo, A Coruña (España).

Enviaranse reembolso ou logo do pagamento dos gastos que ocasione.

11. Presentación de ofertas: 26 días naturais contados desde o derradeiro anuncio (BOP e DOG).

12. Apertura de ofertas: o primeiro xoves hábil seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. Se fose festivo trasladarase ó xoves hábil seguinte.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Culleredo, 10 de maio de 2000.

P.D. (R.A. 22-10-1999, BOP do 13 de novembro)

Purificación Illobre Carbón

Concelleira de Economía, Facenda, Patrimonio

e Contratación