Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 96/154-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita, así como a aprobación

do proxecto de execución da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha.

Domicilio social: Tte. Xral. Gómez Zamalloa, 9-1º, 15000 A Coruña.

Denominación: L.M.T. e C.T. Camallones-Larín.

Situación: Arteixo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV de 438 m de lonxitude en conductor LA-30, que parte da L.M.T. o C.T. Coque, (expediente 52400) e final no C.T. que se construirá Camallones-Larín. Concello de Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulo III e IV dos decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar, declarar de utilidade pública e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquer outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 11 de maio de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña