Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.946

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2000, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/1-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: remodelación liñas Avda. Castelao e reforma C.D. Polígono 7.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: remodelación L.M.T., subterránea, na zona da Avda. Castelao, a 15 kV, de 540 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., na r/ O Grove desde a encrucillada das rúas Núñez de Balboa e Vilagarcía de Arousa, e desde o C.D. Martín Echegaray cruzando a Avda. Castelao ata o C.T. Polígono 7. Toda a instalación está situada no concello de Vigo. Reforma C. distribución Polígono 7, con tres celas de liña CML-SF6.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto

rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén pode interpor calquera outro recurso que considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 26 de abril de 2000.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra