Publicada a Resolución do día 21 de marzo de 2000 (DOG nº 63, do 30 de marzo), relativa á publicación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, e correspondente á categoría 045 (técnico/a de luces) do grupo III, e unha vez finalizados os prazos previstos nestes e elaboradas as listas definitivas pola Comisión Permanente de Selección para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral, na sesión que tivo lugar o día 18 de maio de 2000, a Dirección Xeral da Función Pública
RESOLVE:
Primeiro.-Facer públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral da categoría 045 (técnico/a de luces) do grupo III (lista B) da forma que a continuación se indica:
Anexo I. Figuran os solicitantes incluídos na lista.
Anexo II. Figuran os solicitantes excluídos coa expresión da causa de exclusión.
Segundo.-Os citados anexos atópanse expostos nas seguintes dependencias:
-Dirección Xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Servicio de Información e Atención ó Cidadán da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Delegacións provinciais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
-Oficinas comarcais da Consellería da Presidencia e Administración Pública.
Terceiro.-A partir da data de publicación no Diario Oficial de Galicia da exposición das listas da categoría 045 (técnico/a de luces) do grupo III, quedarán sen efecto as listas da dita categoría elaboradas anteriormente, tal e como se establece na base 6ª da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999 (DOG nº 129, do 30 de xuño).
Cuarto.-Contra esta resolución os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, de acordo co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.
Joaquín López-Rúa Soler
Director xeral da Función Pública