Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.883

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2000 pola que se convocan unhas xornadas sobre as facendas territoriais ante os procedementos tributarios e ante o proceso de descentralización.

Dentro do plan de actividades da Escola Galega de Administración Pública para 2000 e de acordo coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse unhas xornadas sobre as facendas territoriais ante os procedementos tributarios e ante o proceso de descentralización, convocatoria que se desenvolverá conforme as seguintes bases:

1. Obxectivos.

O contido destas xornadas sitúase arredor dunha dobre orde de problemas actuais das facendas autonómica e local:

a) Os de natureza procedemental: seleccionáronse unha serie de cuestións onde están localizadas as maiores disfuncións administrativas na tramitación e resolución dos procedementos de xestión e inspección tributarias.

O obxectivo último é, obviamente, mellora-lo resultado do lado «adxectivo» da facenda pública.

b) Aqueles que conectan coa fase do proceso de corresponsabilización fiscal que viven hoxe tanto a Comunidade Autónoma de Galicia como as corporacións locais galegas: en dous relatorios analizaranse tanto a potestade tributaria local na actualidade como posibles novas etapas no camiño da corresponsabilidade fiscal que percorre hoxe a Comunidade Autónoma galega.

Non parece necesario subliña-lo obxectivo desta parte das xornadas: trátase de centrar xuridicamente o tema da descentralización fiscal, incorporando

novas ideas para avanzar no camiño da corresponsabilidade fiscal e, en último termo, da mellora financeira das nosas facendas territoriais.

2. Contido.

Trataranse estes temas:

-A autonomía local na xurisprudencia constitucional.

-As actuacións de comprobación tributaria por parte das administracións territoriais.

-O procedemento tributario sancionador nas facendas territoriais.

-Información e asistencia ó contribuínte. Comunicacións e consultas. Acordos previos de valoración/s de bens.

-Novas etapas no camiño da corresponsabilidade fiscal.

-Obtención e utilización da información tributaria por parte das administracións públicas.

3. Destinatarios.

Persoal ó servicio da Xunta de Galicia e da Administración local galega e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

-Horario: mañá e tarde.

-Lugar e datas: as xornadas convocadas desenvolveranse no salón de actos da EGAP (polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, Santiago de Compostela) os días 26 e 27 de xuño de 2000.

5. Inscrición.

-Prazo: remata o xoves, día 22 de xuño de 2000.

-Tramitación de solicitudes: as solicitudes irán dirixidas ó director da Escola Galega de Administración Pública, polígono das Fontiñas, rúa de Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, segundo o modelo que figura como anexo a esta convocatoria, e presentaranse no rexistro xeral da EGAP ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30.

-Número de prazas: limitado á capacidade do local.

-Inscrición fóra de prazo: só se admitirán, de quedaren prazas baleiras, coa condición de que se cumpran os requisitos xerais antes indicados.

Os peticionarios poderán obter confirmación da súa posible admisión chamando por teléfono, o día 23 de xuño, das 10 ás 14.45 horas, ós seguintes números: 981 54 62 39/44 ou 981 54 60 40.

6. Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento das xornadas, así como a de

cancelalas, se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

7. Certificación de asistencia.

Entregaráselles, ó remate destas xornadas, a aquelas persoas inscritas que concorresen asiduamente a elas, cando a súa asistencia sexa igual ou superior ó 85% das horas lectivas programadas, e expresarase, neste documento, a natureza da actividade e as datas da súa realización.

8. Retransmisión por Internet.

As persoas interesadas en segui-lo desenvolvemento destas xornadas por Internet poden facelo a través do seguinte enderezo: www.egap.xunta.es.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2000.

Domingo Bello Janeiro

Director da Esgola Galega de Administración

Pública