Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Venres, 09 de xuño de 2000 Páx. 8.879

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

ORDE do 2 de maio de 2000 pola que se convocan cursos de formación bibliotecaria para profesionais de bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo pon en marcha programas de formación permanente, a través de cursos, dos profesionais das bibliotecas do sistema bibliotecario galego.

Nestes últimos anos, a configuración do sistema bibliotecario galego deu un importante paso coa informatización da rede de bibliotecas públicas, con importantes investimentos en equipos e programas, co que se establecen as bases fundamentais para permiti-la instalación dunha rede eficaz que permita a adopción de proxectos comúns de informatización, catalogación centralizada e préstamo interbibliotecario, ó tempo que establece unha moderna infraestructura informática a cabeceira da cal é o Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

A maioría das bibliotecas públicas galegas están dotadas de equipamento e de programas informáticos para a xestión dos seus fondos, algún deles, como o Meiga, desenvolto pola propia Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Este esforzo, sen embargo, para ser efectivo, ten que ir acompañado dun profundo e amplo programa de formación, centrado nos actuais responsables das bibliotecas galegas, na preparación e coñecemento dos novos

instrumentos de traballo co fin de estaren en condicións de adopta-las novas tecnoloxías e de traballar nos novos programas comúns da rede. Por iso,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Convócanse cursos de formación de biblioteconomía para profesionais de bibliotecas da Rede de Bibliotecas de Galicia.

O custo destes cursos farase efectivo con cargo á aplicación orzamentaria 10.02.353A.640.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2000.

Artigo 2º

No anexo I desta orde enuméranse os cursos convocados, con especificación de nivel, duración, lugar e data de celebración, número de prazas, contido e persoas ás que van dirixidos.

Artigo 3º

1. Poderán optar a estes cursos os bibliotecarios, ou persoal que traballe con preferencia en centros da Rede de Bibliotecas de Galicia en calquera categoría profesional.

2. Non se poderán solicitar cursos de igual denominación e nivel xa realizados en anos anteriores.

3. Non poderán solicitar cursos aquelas persoas que anteriormente fosen seleccionadas para participar nalgún curso e non asistisen sen xustificalo por escrito á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Artigo 4º

As persoas que desexen realizar algún dos cursos convocados presentarán unha solicitude por cada un deles segundo modelo do anexo II desta orde no prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou segundo establece o artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Na solicitude farase conta-lo curso que se solicita e a orde de preferencia dos cursos solicitados.

Á solicitude xúntase a seguinte documentación:

-Solicitude (anexo II).

-Fotocopia do documento nacional de identidade.

-Certificación do director do centro de traballo, ou da entidade da que dependa a biblioteca, de que o interesado desenvolve traballos directamente relacionados cos contidos do curso e que conta con permiso para asistir a el (un certificado por curso facendo consta-lo nome do curso solicitado).

-No caso de solicitar cursos de perfeccionamento, é imprescindible ter realizados os cursos de iniciación convocados pola Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo directamente relacionados con aqueles, e xuntarán copia dos certificados correspondentes.

Artigo 5º

Recibidas as solicitudes de asistencia a cursos e maila súa documentación, estas serán avaliadas polos servicios competentes da Dirección Xeral de Promoción Cultural e o director xeral de Promoción Cultural elevará proposta ó conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, quen resolverá nun prazo non superior a tres meses. No caso de producirse silencio administrativo, estimarase concedido o curso.

Artigo 6º

A selección dos asistentes ós cursos farase en función das condicións esixidas ou sinaladas como prioritarias. As bibliotecas e centros onde se realicen os cursos disporán de dúas prazas para persoal dos seus servicios bibliotecarios.

Artigo 7º

A inasistencia a un curso sen causa xustificada será motivo de exclusión de novos cursos durante os tres próximos anos. A falta xustificada a máis dun 10% das horas totais do curso levará consigo a non obtención do certificado de asistencia.

Artigo 8º

Os asistentes ós cursos recibirán á súa finalización un certificado de asistencia con especificación de horas impartidas. Naqueles cursos nos que se realice a valoración dos coñecementos adquiridos o certificado será de asistencia e aproveitamento.

Artigo 9º

A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo poderá encarga-la realización técnica destes cursos a profesionais especialistas nas materias que vaian impartirse.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltase o director xeral de Promoción Cultural, para dictar, no ámbito das súas competencias, as resolucións precisas para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2000.

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura, Comunicación Social

e Turismo

ANEXO I

Cursos

1. Cursos de iniciación para bibliotecas.

Contido: iniciación á biblioteconomía. Nocións básicas de proceso técnico, catalogación, clasificación, servicios da biblioteca pública e informatización.

Duración: 50 horas.

Datas e horario: en horas non laborables, para determinar en cada biblioteca nodal segundo necesidades de servicio.

Lugar: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra.

Nº prazas: 30 por curso.

Destinatarios: preferentemente persoal auxiliar e subalterno das bibliotecas nodais.

2. Curso sobre normalización en catalogación.

Contido: formato Ibermarc 5 e a súa aplicación na Rede de Bibliotecas de Galicia.

Duración: 40 horas.

Data: setembro.

Horario: sesións de tardes.

Lugares: Santiago de Compostela.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente persoal técnico das bibliotecas nodais.

3. Cursos de formación en novas tecnoloxías para bibliotecarios municipais.

Contido: a informatización de servicios nunha biblioteca municipal. O programa Meiga para xestión automatizada de bibliotecas. A informatización da Rede de Bibliotecas de Galicia.

Duración: 20 horas.

Data: setembro, outubro e novembro.

Horario: sesións de mañá de luns a venres.

Lugares: A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra e Ferrol.

Nº prazas: 30 por curso.

Destinatarios: preferentemente bibliotecarios municipais.

4. Curso sobre accesos por materias: os encabezamentos de materia e os thesaurus.

Contido: o acceso por materias nos catálogos das bibliotecas. Os encabezamentos de materia. As listas de encabezamentos de materia en Galicia.

Duración: 50 horas.

Data: novembro.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Lugares: Santiago de Compostela. CSBG.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente persoal catalogador.

5. Curso de Internet para bibliotecarios.

Contido: utilización práctica de Internet en bibliotecas. Recursos de interese na rede para o seu uso por bibliotecarios ou usuarios de bibliotecas.

Duración: 20 horas.

Horario: sesións de tardes de luns a venres.

Datas: outubro.

Lugar: A Coruña.

Nº de prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente técnicos bibliotecarios.

6. Curso sobre bibliotecas públicas.

Contido: concepción da nova biblioteca pública. As bibliotecas públicas cara ó futuro. Os novos servicios das bibliotecas públicas.

Duración: 20 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: setembro.

Lugar: Santiago de Compostela.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente técnicos bibliotecarios das bibliotecas públicas.

7. Curso sobre bibliotecas nacionais e bibliotecas centrais de comunidades autónomas.

Contido: bibliotecas nacionais, orixe, evolución e estado actual. As bibliotecas nacionais frente os novos soportes e formatos. As bibliotecas centrais das comunidades autónomas.

Duración: 50 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a xoves.

Datas: setembro.

Lugar: Ferrol.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente técnicos bibliotecarios e estudiantes de biblioteconomía.

8. Curso sobre fontes de información para bibliotecas. Bibliografías e obras de referencia.

Contido: as fontes de información nas bibliotecas. As seccións de referencia. Obras fundamentais de referencia. As bibliografías.

Duración: 50 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: outubro.

Lugar: Santiago de Compostela.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente técnicos bibliotecarios, especialmente aqueles que teñan seccións de referencia ó seu cargo.

9. Curso sobre normalización no intercambio de rexistros bibliográficos: normas ISO, o protocolo Z-3950.

Contido: a normalización na importación e exportación de rexistros bibliográficos. A súa aplicación práctica na Rede de Bibliotecas de Galicia. O protocolo Z-3950.

Duración: 20 horas.

Data: setembro.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Lugar: Pontevedra.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente catalogadores.

10. Curso de catalogación en formato marc (monografías).

Contido: normas e prácticas de catalogación con monografías en formato Ibermarc 5.

Duración: 20 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: setembro.

Lugar: Lugo.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente catalogadores.

11. Curso de catalogación en formato marc (seriadas).

Contido: normas e prácticas de catalogación con publicacións periódicas en formato Ibermarc 5.

Duración: 20 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: outubro.

Lugar: Ourense.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente catalogadores.

12. Curso sobre conservación e mantemento de coleccións en soporte papel.

Contido: a selección de documentos. A adquisición. O expurgo. A avaliación das adquisicións. O programa Conspectus.

Duración: 20 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: outubro.

Lugar: Santiago de Compostela. CSBG.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente técnicos bibliotecarios, especialmente aqueles con fondos de patrimonio bibliográfico ó seu cargo.

13. Curso sobre bases de datos bibliográficas.

Contido: as bases de datos bibliográficas. Bases de datos bibliográficas en Galicia. As bases de datos do Centro Superior Bibliográfico de Galicia.

Duración: 30 horas.

Horario: sesións de tarde de luns a venres.

Datas: novembro.

Lugar: Santiago de Compostela. CSBG.

Nº prazas: 30.

Destinatarios: preferentemente a profesionais que traballen con bases de datos bibliográficas.