Tendo en conta o artigo 3, punto 1º, do Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria (DOG nº 156, do 9 de agosto), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,
DISPÓN:
Autoriza-lo cambio de denominación do centro que no anexo se relaciona.
Santiago de Compostela, 11 de maio de 2000.
Celso Currás Fernández
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Provincia: A Coruña.
Concello: Cambre.
Localidade: Cambre.
Código do centro: 15027873.
Denominación: Instituto de Educación Secundaria número 2 de Cambre.
Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria Afonso X O Sabio.