Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.868

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

PADROADO MUNICIPAL MONTE SANTA TREGA (A GUARDA)

ANUNCIO.

Aprobada polo Pleno do Padroado a memoria valorada e o prego de condicións económico-administrativas, de conformidade co artigo 79 da LCAP anúnciase o concurso público polo procedemento aberto, para adxudica-los traballos de deforestación e revexetación das áreas se interese arqueolóxico do Monte Santa Trega; exponse ó público durante o prazo de oito días, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, para que poidan presentarse reclamacións, se ben a adxudicación se suspenderá polo tempo que sexa necesario no caso de formularse reclamacións.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Padroado Municipal Monte Santa Trega da Guarda.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición: deforestación e revexetación das áreas de interese arqueolóxico do Monte Santa Trega.

b) Lugar de execución: A Guarda.

c) Prazo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 15.440.134 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 2 por 100 do orzamento base.

Definitiva: 4 por 100 do orzamento de adxudicación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Padroado Municipal Monte Sta. Trega-Concello da Guarda.

b) Domicilio: praza de España.

c) Localidade: A Guarda.

d) Teléfono: 986 61 00 00.

e) Data límite de obtención de documentos e información: o día anterior ó do remate de presentación de ofertas.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: acreditar solvencia económica, financeira e técnica.

8. Presentación de ofertas.

En man ou por correo (artigo 100 do Regulamento de contratos do Estado) no rexistro do concello, ata as 14 horas, durante os 26 días naturais seguintes ó da publicación do presente anuncio no DOG.

Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

Lugar de presentación: Concello da Garda, praza de España, 1.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día seguinte ó da apertura de proposicións.

9. Apertura de proposicións.

Realizaraa a mesa de contratación na forma indicada no prego, se o día coincide en sábado ou festivo, a apertura farase o seguinte día hábil.

10. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 5 de maio de 2000.

O presidente do padroado

Rubricado