Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.843

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, constituída ó abeiro do Decreto 89/1997, do 10 de abril, polo que se fai pública a relación de excluídos da categoría 002 (axudante traballos ou oficios; axudante albanel; peón especializado; fontaneiro/a; axudante; hortelá/n; axudante traballos/legoeiro/a; encargado/a xardín) do grupo V (lista B), que emendan a causa de exclusión.

Finalizado o prazo fixado na Resolución do 23 de marzo de 2000 (DOG nº 67, do 5 de abril), pola que se fan públicas as listas provisionais para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo correspondentes á categoría 002 (axudante traballos ou oficios; axudante albanel; peón especializado;

fontaneiro/a; axudante; hortelá/n; axudante traballos/legoeiro/a; encargado/a xardín) do grupo V (lista B), e vistas pola Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral, na súa sesión do día 26 de maio de 2000, as alegacións formuladas polos interesados, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer público o anexo a esta resolución coa relación de aspirantes que foron excluídos nas listas provisionais, do grupo V categoría 002 (axudante traballos ou oficios; axudante albanel; peón especializado; fontaneiro/a; axudante; hortelá/n; axudante traballos/legoeiro/a; encargado/a xardín) (lista B), e que emendaron a causa de exclusión en tempo e forma.

Segundo.-Os solicitantes relacionados estarán obrigados, no prazo de 5 días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, a remitir á Dirección

Xeral da Función Pública o xustificante do aboamento das taxas que a continuación se expresa.

Grupo V: 3.765 ptas.

Os que así non o fixesen no prazo indicado serán excluídos automaticamente das listas.

Estarán exentos do aboamento de taxas por dereito de inscrición os que foron admitidos no último proceso selectivo para o acceso á mesma categoría, de acordo coa base terceira da resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 30 de xuño de 1999, e corrección de erros do 13 de outubro.

Así mesmo, gozarán da exención desta taxa as persoas con discapacidade igual ou superior ó 33%, logo de xustificación documental.

Os que non o fixesen así no prazo sinalado, serán excluídos automaticamente das listas.

Os interesados disporán dun prazo de cinco días hábiles (artigo 50 da Lei 30/1992, do 26 de novembro), contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para a emenda de erros que puidesen existir na puntuación relacionada no anexo ou formula-las alegacións que consideren oportunas, que deberán dirixir á Comisión Permanente de Selección de Persoal Laboral (Dirección Xeral da Función Pública).

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Grupo V. Categoría 2.

DNIApelidosNomeB1B2B3B4B5B6B7B8Total

34.917.881Carballo VidalManuel00000,6000,6

34.873.137Domínguez CorderoJaime Manuel00000,20,2500,45

32.762.395Gómez PedreiraJ. Manuel05,55000,2005,2

32.764.303Miranda MonteroAlberto00000,20,50,7501,45

33.338.803Mourenza PenaOvidio00000,20,2500,45

32.630.453Paz RodríguezBeatriz00,150000,50,7501,4

35.471.290Ruibal FontenlaAntonio Ramón000000,2500,25

33.332.397Seivane CarreiraJosé000000,50,7501,25

76.413.910Villar CasasMarcos000000,2500,25