Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Xoves, 08 de xuño de 2000 Páx. 8.837

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 9 de febreiro de 2000, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª de cociña e outros) (lista B) do grupo IV.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou con data do 11 de abril de 2000, resolución estimatoria do recurso formulado por Óscar Martínez Morato e con data do 30 de maio de 2000 resolución estimatoria dos recursos formulados por Mª Asunción Fernández Alberte, Mª Pilar

Rodríguez Calvo e Mª del Carmen Andrade Carreira, contra a Resolución do 9 de febreiro de 2000, pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) (lista B) do grupo IV.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 9 de febreiro de 2000, no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 5 (oficial 2ª cociña e outros) (lista B) do grupo IV, cos datos seguintes:

-Óscar Martínez Morato, DNI: 34.984.337, lista B, Puntuación: 1,020 puntos.

-no posto número 12 para o ámbito X3201.-No posto número 3 para o ámbito X3202.-No posto número 6 para o ámbito X3203.-No posto número 10 para o ámbito X3204.-No posto número 8 para o ámbito X3205.-No posto número 22 para o ámbito X3206.-No posto número 6 para o ámbito X3207.-No posto número 8 para o ámbito X3208.-No posto número 6 para o ámbito X3209.-No posto número 4 para o ámbito X3210.-No posto número 11 para o ámbito X3211.

DNI Apelidos NomeB1B2*B3*B4*B5B6B7B8Total

34.984.337Martínez Morato Óscar000000,2500,7500,0201,020

* A suma da puntuación dos puntos B2, B3 e B4 non poderá exceder de 5 puntos.

-María Asunción Fernández Alberte, DNI: 34.931.138, lista B. Puntuación: 0,700 puntos.

-No posto número 12 para o ámbito X3204.-No posto número 9 para o ámbito X3205.-No posto número 27 para o ámbito X3206.-No posto número 11 para o ámbito X3208.

DNI Apelidos NomeB1B2*B3*B4*B5B6B7B8Total

34.931.138Fernández Alberte Asunción00000,20000,50000,700

* A suma da puntuación dos puntos B2,B3 e B4 non poderá exceder de 5 puntos.

-María Pilar Rodríguez Calvo, DNI: 33.992.338, lista B. Puntuación: 6,010 puntos.

-No posto número 3 para o ámbito X2702.-No posto número 3 para o ámbito X2712.

-María del Carmen Andrade Carreira, DNI: 76.517.940, lista B. Puntuación: 4,250 puntos.

-No posto número 3 para o ámbito X1508.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta as modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación da presente resolución, ou directamente, o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 30 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública