Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.780

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contratar unha ambulancia asistencial.

Que se situará no seguinte lugar: Mazaricos.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera nº 2-2ª planta, 15706 Santiago de Compostela, das 8 ás 12 horas, ata o 20 de xuño de 2000 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, a partir do día 8 de xuño de 2000 no horario e prazo sinalados ou no teléfono 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2000.

Carmen Rial Lobatón

Directora da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061