Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.777

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BURELA

ANUNCIO.

Asunto: información pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela.

O Pleno Municipal, en sesión extraordinaria e urxente que tivo lugar o día 25 de maio do ano que corre, por unanimidade e en votación ordinaria, de conformidade co previsto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, acordou a apertura dun período de información pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Burela, polo prazo dun mes, contado a partir da inserción deste anuncio no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia, durante o que as entidades e particulares poderán suxeri-lo que consideren oportuno e presenta-las súas propostas; a restante tramitación efectuarase segundo o disposto na devandita norma.

O que se fai público para os efectos procedentes, encontrándose o expediente á disposición dos interesados nas oficinas xerais da casa do concello, en horario de oficina.

Burela, 26 de maio de 2000.

Manuel Mon Rouco

Alcalde