Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.769

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2000 pola que se corrixen erros advertidos na do 26 de maio de 2000 pola que se convoca concurso de procedemento aberto, declarado de urxencia, para a adquisición de mobiliario de despacho para centros docentes de ensino secundario dependentes desta consellería (expediente 3/2000).

Advertidos erros na devandita resolución cómpre face-la oportuna corrección deles e por iso,

RESOLVO:

Primeiro.-Que na páxina 8.463, no punto 4, onde di: «Importe total: 36.060.000 pesetas (210.714,843 euros)», debe dicir: «Importe total: 35.060.000 ptas. (210.714,843 euros».

Segundo.-Establecer un novo prazo de licitación, polo que a data límite de presentación será o oitavo día contado desde o día seguinte ó da publicación da presente corrección no Diario Oficial de Galicia, ás 14 horas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2000.

P.D. (Orde 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria