Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.766

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 8 de maio de 2000, do Servicio Provincial de Transportes de Ourense, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente OU-2341-O-1999 e sete máis).

Por medio desta cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as resolucións sancionadoras dictadas polo delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, recaídas nos expedientes sancionadores que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso de alzada perante o director xeral de Transportes dentro do prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións, deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

Para que conste, e lles sirva de notificación, ós/ás citados denunciados/as, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula en Ourense 8 de maio de 2000.

Xosé Inacio Palomanes Rodríguez

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

de Ourense

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

imposta

OU-02341-O-1999

OR-1605-J

G.C. Tráfico.

José Carlos Álvarez Montenegro

Manuel Lezón, 94

32800 Celanova (Ourense).

Transportar grava cun peso total de 40.480 kg tendo o vehículo un PMA de 38.000 kg. Exceso: 2.800 kg (6%).

22-4-1999; 11.30; N-525; 229.

Artigo 142-E da Lei 16/1987.

Artigo 199-E do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

35.000 ptas.
OU-02824-O-1999

PO-6972-X

G.C. Tráfico.

Agarbus, S.A.

Avda. Juan Carlos I, 91

28915 Leganés (Madrid).

Non presenta-lo conductor ó axente os discos-diagrama da semana en curso nin o último da última semana na que conduciu. Non leva ningún disco anterior salvo o que leva instalado no aparato tacógrafo. Transporta 53 viaxeiros.

10-4-1999; 15.55; A-52; 188.

Artigo 142-L da Lei 16/1987.

Artigo 199-M do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

25.000 ptas.
OU-02931-O-1999

OU-4061-U

G.C. Tráfico.

Comercial Grumades Distribuciones, S.L.

Estrada Celanova-A Valenzá, 82

32890 Barbadás (Ourense).

Transportar froitos secos, madalenas e pan torrado, carecendo de autorización de transporte. Non presenta albará de carga ou outro documento que permita comprobar se o transporte é privado.

26-7-1999; 20.25; OU-CV-674; -1.

Artigo 142-A da Lei 16/1987.

Artigo 199-A do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

15.000 ptas.
OU-03234-O-2000

PO-6445-BG

G.C. Tráfico.

Manuel Millán Lemiña

Arcebispo Lago, 4-5º A

36600 Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Circular cun vehículo de 3ª categoría, realizando un transporte público de mercadorías (xelados), non presentando a correspondente autorización de transportes.

20-8-1999; 19.10; A-52; 122.800.

Artigo 142-B da Lei 16/1987.

Artigo 199-B do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

5.000 ptas.
OU-03336-O-1999

PO-2459-AL

G.C. Tráfico.

Andrés Penas Rey

Castro de Cumeiro, s/n

36599 Vila de Cruces (Pontevedra).

Circular transportando penso en servicio discrecional de mercadorías, carecendo de tarxeta de transportes. Presenta tarxeta MDP-comarcal, nº 5800909-2, caducada o 30-11-1998. Leva distintivos de ámbito comarcal da provincia de Pontevedra.

24-9-1999; 16.40; N-540; 61.800.

Artigo 142-N da Lei 16/1987.

Artigo 199-N do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

25.000 ptas.
OU-03429-O-1999

M-8882-XS

G.C. Tráfico.

Carlos Martín Garrigos

Rolda Don Bosco, 33-2

36000 Vigo (Pontevedra).

Non levar a bordo do vehículo o contrato de aluguer. Presenta contrato con válidez do 1-9-1999 ata o 2-9-1999.

6-9-1999; 20.10; A-52; 202.

Artigo 142-B da Lei 16/1987.

Artigo 199-B do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

10.000 ptas.
OU-03453-O-1999

M-4368-TV

G.C. Tráfico.

CF. Distribución de Alimentación, S.A.

Avda. de Burgos, 133

28050 Madrid.

Realizar transporte de mercadorías perecedoiras, (embutidos e carnes), carecendo a bordo do vehículo do certificado de autorización para o transporte das ditas mercadorías.

18-10-1999; 10.05; C-536; 6.100.

Artigo 141-Q da Lei 16/1987.

Artigo 198-S do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

25.000 ptas.
OU-0119-O-2000

M-4401-SU

G.C. Tráfico.

Quirobe Poyales del Hoyo, S.L.

Los Robles, s/n

5492 Poyales del Hoyo (Ávila).

Realizar un transporte privado complementario, transportando uns mil quilos de figos, con autorización de transportes caducada a súa validez, nº 10148293-1, caducada o 30-6-1999.

2-11-1999; 12.45; N-532; 3.

Artigo 142-B da Lei 16/1987.

Artigo 199-B do R.D. 1211/1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987.

Artigo 201 do R.D. 1211/1990.

5.000 ptas.