Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Mércores, 07 de xuño de 2000 Páx. 8.765

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 24 de maio de 2000 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Por Orde do 16 de abril de 1999 (DOG nº 81, do 29 de abril), anunciouse a convocatoria pública para a provisión dunha praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela.

Transcorrido o prazo de presentación de solicitudes e cumpridos os trámites previstos no Decreto 178/1994, do 16 de xuño, polo que se desenvolve a estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, esta consellería, en uso das facultades que na dita norma se lle outorgan,

DISPÓN:

Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dunha

praza pertencente á estructura organizativa do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela, anunciada pola Orde do 16 de abril de 1999 (DOG nº 81, do 29 de abril).

Segundo.-Adxudicarlle destino, na praza que se indica, á persoa seleccionada no anexo desta orde.

Terceiro.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer potestativamente recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación. De non estima-la interposición deste recurso, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

Posto: director de Organización e Sistemas.

Nome e apelidos: Arturo Camarena Camarena.

DNI: 19.993.681.

Titulación académica: titulación superior.