Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Martes, 06 de xuño de 2000 Páx. 8.691

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade á modificación das listas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, publicadas por Resolución do 15 de marzo de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 57, do 22 de marzo), correspondentes á categoría 6 (titulado/a superior psicólogo/a) (lista B) do grupo I.

O conselleiro da Presidencia e Administración Pública dictou, con data do 24 de maio de 2000, resolución estimatoria dos recursos formulados por Mª José Couce Dopico, Paula Cadrecha Morán e Elena Romero Domínguez contra a Resolución do 15 de marzo de 2000 (DOG nº 57, do 22 de marzo), pola que se fan públicas as listas definitivas para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo reservados a persoal laboral, reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes á categoría 6 (titulado/a superior psicólogo/a) (lista B) do grupo I.

Dado que o carácter da resolución é estimatorio das peticións das interesadas, procede dárlle-la debida publicidade ás modificacións provocadas por estas, nas listas publicadas por Resolución do 15 de marzo de 2000 , no sentido de que deben figurar na lista para a cobertura con carácter temporal de postos correspondentes á categoría 6 (titulado/a superior psicólogo/a) (lista B) do grupo I, cos datos seguintes:

Mª José Couce Dopico, DNI: 34.888.994, lista B. Puntuación: 1,830 puntos.

-No posto número 44 para o ámbito D0000.

-No posto número 32 para o ámbito D1500 .

-No posto número 26 para o ámbito D2700.

-No posto número 22 para o ámbito D3200.

-No posto número 32 para o ámbito D3600.

Paula Cadrecha Morán, DNI: 10.861.814, lista B. Puntuación: 0,750 puntos.

-No posto número 69 para o ámbito D1500.

Elena Romero Domínguez, DNI: 35.314.857, lista B. Puntuación: 0,950 puntos.

-No posto número 68 para o ámbito D0000.

-No posto número 57 para o ámbito D3600.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores incluídos na lista correspondente.

Esta resolución non afecta ás modificacións e/ou exclusións producidas como consecuencia da propia xestión das listas.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación desta resolución, ou directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da súa publicación, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña, conforme o artigo 14.2º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2000.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública