Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 5 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifican as incoacións dos expedientes sancionadores de incendios 56/2000 e catro máis, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador por presunta infracción á Lei sobre incendios forestais 81/1968, do 5 de decembro e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro, por non ser posible a súa notificación a través do servicio de correos.

Noméase instructora dos expedientes a Míriam Areal López, funcionaria desta delegación; o réxime de recusación é o establecido nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os expedientados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta noficación para que poidan examina-los expedientes nesta delegación provincial, sita na rúa do Paseo nº 18-5º andar e achegar por escrito as alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas que consideren convenientes na defensa dos seus dereitos.

De conformidade co artigo 42.4º, da Lei 30/1992, en relación coa Lei 4/1999, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, infórmase de que, no caso de non resolve-lo presente expediente no prazo de seis meses, tendo en conta as posibles interrupcións do seu cómputo por causas imputables ó interesado, producirase a súa caducidade. A resolución que declare a caducidade ordenará o arquivo das actuacións cos efectos previstos no artigo 92 desta lei.

De non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, determinándose para estes efectos os importes da sancións indicados no anexo.

Para resolve-lo expediente é competente por razón da contía da multa o delegado provincial desta consellería de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectiva na conta nº 2091-0388-90-3110001181 de Caixa Galicia, empregando o impreso oficial que se facilitará na Delegación Provincial de Ourense ou en calquera unidade administrativa pertencente á Xunta de Galicia.

Ourense, 5 de maio de 2000.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente

Nº/ano

Denunciado

DNI

Último enderezo coñecidoFeito denunciadoPrecepto infrinxido e sancionadorSanción

pesetas

56/2000/InJosé Luis Álvarez Rodríguez

33.822.112

Rúa A 7º-1º Esqda., 36500 LalínAbandono vehículo

Seat 600 OR-010364

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

67/2000/InManuel Quiroga Vázquez

34.477.873

Avda. Santiago nº 54,

32001 Ourense

Abandono vehículo

Simca 1200

OR-9359-D

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

202/2000/InDomingo A. Ramos Baca

28.423.970

Ada. Domingo, Ed. Diorama nº 7, Arroyo de la Miel-Benalmádena, 29639 MálagaAbandono vehículo

Seat 132 M-5537-DH

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

221/2000/InJosé González Feijóo

34.949.073

Bellao nº 9-5º B, 32001 OurenseAbandono vehículo

Skoda 130 OR-9108-H

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000

226/2000/InCarlos Garrido Otero

34.900.443

O Silvoso-Calvos de RandínAbandono de vehículo

Seat 124 O-5244-A

Artigo 137 e) do Regulamento do 23-12-1972 en relación coa Resolución do 14-1-2000 da DXM e MAN50.000