Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Luns, 05 de xuño de 2000 Páx. 8.637

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de maio de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 00/49-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, no artigo 9 do Decreto 2617/1966 e no artigo 10 e 16 do Decreto 2619/1966, sométese a información pública a petición da autorización, declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación da instalación eléctrica que se describe:

-Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

-Enderezo social: S. Díez, 45, 32003 Ourense.

-Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., Merouzo Pequeno (A Merca).

-Situación: A Merca.

-Descricións técnicas: liña aérea a 20 kV, en conductor LA-56, de 479 m, sobre apoios de formigón con orixe na L.M.T. A Merca-Proente e remata no

C.T. proxectado aéreo con 50 kVA, R.T. 20.000/380-220 V. Redes de baixa tensión derivadas deste.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, por duplicado, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar así mesmo, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formula-las posibles alegacións procedentes por razón do disposto nos artigos 25 e 26 do regulamento da Lei 10/1966 de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas.

Ourense, 9 de maio de 2000.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 2000/49Provincia: Ourense

L.M.T., C.T., R.B.T. Merouzo PequenoConcello: A Merca

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

ApoioVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonºmmlm

6As TouzasLabradíoBenito Álvarez DocampoPena Trevinca, nº 42-2º

32005 Ourense

4160480

9As TouzasLabradíoAdolfo Samos JustoLorena, nº 77-2º

08042 Barna, Barcelona

30300

10As TouzasLabradíoAntonia Salgado RodríguezAmos de Escalante, nº 2-4º A

28017 Madrid

48480