Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Venres, 02 de xuño de 2000 Páx. 8.588

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de concurso, por procedemento aberto, de contrato de obras.

1. Entidade adxudicadora: Deputación Provincial de Lugo.

2. Obxecto: realización das obras de liñas aerosubterráneas de media tensión, centro de transformación e liña subterránea de baixa tensión para a subministración de enerxía eléctrica ó Club Náutico de Augasmestas.

3. Orzamento: 15.662.277 pesetas.

4. Prazo de execución: 3 meses.

5. Garantía provisional: dous por cento do orzamento de licitación, depositada na tesourería de deputación provincial.

6. Información: Servicio de Plans Provinciais e Contratación (Negociado de Plans Especiais).

7. Presentación das ofertas: trece días naturais, a partir do seguinte ó da publicación deste extracto no Diario Oficial de Galicia.

8. Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de cláusulas económico-administrativas particulares e técnicas.

9. Lugar de presentación: rexistro xeral da Deputación Provincial de Lugo, das 10 ás 14 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

11. O texto íntegro deste anuncio figura publicado no BOP número 118, con data do 25 de maio de 2000.

Lugo, 25 de maio de 2000.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo